¿Quén lle chama filla de puta a vice presidenta do governo?

María Teresa Fernández de la Vega
Que a política é unha merenda de negros xa o sabemos todos. Que para ser político non fan falta nin modais nin educación: tamén. Pero, como dixera unha vez Camilo Xosé Cela “Non é o mesmo estar fodido que estar fodendo”
Resulta que tanto os presidentes do Congreso coma do Senado tiveron que baixar o son dos micros das súas señorías para que (supoño) na tele non se escoiten os insultos que se lanzan uns os outros.

O que me produciu bastante noxo foi saber que a vice presidenta do governo María Teresa Fernández de la Vega dende un sítio que supostamente é o valuarte da democracia e por persoas que representan a moita xente é insultada con frases como “anoréxica” ou, ollo o dato, “filla de puta”.

Ser filla de puta no sentido literal da expresión non é nada malo. Unha puta ofrece un servicio polo que cobra una cantidade, polo tanto, non se adica nen a roubar, nen a estafar, nen a cobrar comisións, nen outras vergoñas tan estendidas na clase política Ibérica. Por tanto un ou unha filla de puta non deixa de ser a priori igual de vo ou de malo ca un fillo dun fruteiro, dun actor, dun mecánico, … Ese insulto como tal reflexa unha mentalidade machista propia de cavernícolas e un desprezo absoluto polas mulleres, baixo o meu punto de vista, e quen o emprega non merece nen o saudo pola rua.

Insultar a alguén chamandolle anoréxica cando se trata dunha enfermidade moi grave que afecta millóns de persoas no mundo por culpa de ideas incorrectas sobre os canones e patróns de beleza inventados por algun desquiciado deixa como o que é a quen a pronuncia.

Dende logo o Congreso e o Senado español sería fonte inesgotábel para tertulianos de sesudos programas como “Salsa Rosa” ou o “Tomate” e non sei que me da que non tardaremos en ver imaxes similares as que temos visto no parlamento de Taiwan onde se rematan resolvendo as diferenzas a mamporro limpo.

Pese o moito que detesto a clase política en xeral, preocupame bastante a actual cota de crispación que xa está a desembocar en certos actos violentos. Os efeitos bola de neve son moi perigosos e unha vez iniciados paralos é unha tarefa complicada.

P.D: Independentemente de idioloxías políticas, filias e fobias, a actual vice presidenta do goberno español debería se un exemplo para moita xente no que se refire a a carreira profesional, estudos e capacidade de superar barreiras anacrónicas a base de traballo duro, esforzo persoal e sacrifício. Que non é o mesmo ter o camiño feito que ter que facelo un mesmo.

Technorati Tags: , ,

Deixe un comentario