1. Se podes, presentante sempre as oposicións de carácter estatal: Son as máis fáciles e sobre todo son a máis limpas. Tamén hai moitas máis prazas.
  2. As académias son un timo: Salvo excepcións, as academias para preparar oposicións son pésimas. Se pensas apuntarte a algunha informate moi ben antes. Ollo con Adoz Formación e similares.
  3. Aprovar estudando por conta propia é posibel: Que ninguén che diga o contrario! Ben é certo que necesitas unha alta dose de forza de vontade. Coa aparición das novas tecnoloxías o papel das académias tradicionais é discutible.
  4. Apuntate a un grupo virtual de estudo: A mellor forma de motivarte e compartir coñecemento e formando un grupo virtual de opositores. Hai moitos sistemas gratuitos que permiten facer isto. Lembras por qué gañou un premio Nobel John Nash? Aplicao na túa preparación.
  5. As oposicións nos concellos galegos están amañadas: Eu diría que nun 90% dos casos nos concellos galegos as prazas xa están dadas antes de empezar. Ainda así pode merecer a pena presentarse a concellos grandes cando o número de prazas sexa maior de 5. Tamén podes ir a foguearte para preparate para a oposición que realmente che interesa.
  6. O punto 5 é aplicabel as Diputacións: Eu diría que nas Deputacións de Lugo e Ourense non hai nada que facer. Coñezo un caso na que nunha destas Deputacións pedían fai máis de 20 anos un millón de pesetas para entrar. Tamén está o caso no que un grupo político da oposición na Deputación de Lugo foise a un notario cos nomes dos futuros funcionarios, antes de celebrarse as oposicións, e acertarón 49 de 50. O que fallaron foi porque o fulano non se presentou. Eu presenteime a unha oposición nunha destas diputacións e… cagate lorito!! Mellor non ir, polo menos non che rouban as taxas. Das Diputacións de Pontevedra e Coruña non podo opoinar.
  7. Os temarios das editoriais son unha merda: Con sorte sorte só se límitan a facer un copy&paste da lei correspondente pero cando temos un autor creátivo que se pensa que está a escribir unha novela, está o lio montado. O mellor estudar directamente polas leis e crearnos o noso propio temario a base de resumos e esquemas. A culpa é do conchaveo que hai entre institucións públicas e editoriais, ¿por qué nas bases nos expecifican claramente as leis a estudar en vez de poñer títulos creátivos? ¿Por qué non poñen as referencias lexislativas nas bases? ¿Por qué as administracións non sacan temarios gratuitos cos cartos que rapiñan ós opositores en concepto de taxas?
  8. Non te fies dos rumores: En tódalas oposicións hai rumores, a maioría son malintencionados para desconcentrar a xente; outros son carentes de toda base. Fiate só do que sae publicado no correspondente boletín.
  9. As oposicións de persoal laboral da Xunta son practicamene imposibeles se non tes puntos: O truco está en que fan un exame moi sinxelo para que o factor decisivo sexa o concurso. Non deixa de ser unha forma encuberta de enchufismo.
  10. As oposicións a funcionarios na Xunta están mellor do que estaban: Non nos enganemos; son moi difíciles, pero, polo menos, a simple vista parece que descenderon os casos de enchufismo. Eu vivín en primeira persoa a famosa Conexión Boqueixón do goberno popular no que se meteu pola patilla a probablemente máis de 60 enchufados que sacaban deces no exame de auxiliar administrativo e ceros e pico no exame de subalterno. Hasta para estas cousas son parvos estes tipos. Casos puntuales sempre ha de haber, sobre todo neste país, pero parece que mellorou algo o tema. Anque co novo goberno algún caso houbo; xa se sabe, cambian as formas pero o fondo segue a ser o parecido. Que hay de lo mio! :)
  11. As oposicións da USC son unha chapuza: Digocho eu que fun a duas, no mellor dos casos están feitas para que só entre xente que xa traballa na universidade, no peor podeche pasar como lle pasou a algunhas persoas cando fixeron o exame de informática das probas de auxiliar administrativo. Con todo; é posible aprobar, sobre todo se tes alguén dentro que che poida facilitar unha copia do temario que a USC elabora para os seus empregados.
  12. A organización é fundamental: Máis importante que a cantidade de tempo que teñas para estudar é como o distribuas. Se buscas neste blog e atoparás o metodo que utilizo eu para conseguir organizarme e convalidar traballo, vida familiar e estudos.
  13. Chapar non funciona: Pode que funcionara para memorizar un tema de sociales de 8º de EXB pero para aprender temarios de 1.500 páxinas densas como a selva do Amazonas hai que buscar outras alternativas. As asociacións ou Hiperlearning como o chamo eu é unha boa solución. Consiste básicamente en asociar cousas que sabes con outras que non sabes, facer retroformulación e en buscar cousas que non sabes dun tema para darte de conta de todo o que sabes dese tema que a súa vez levate a aprender o que non sabías. Menudo lio :)
  14. A confianza nun mesmo é decisiva: Máis incluso que o tempo de estudo, a forma de afrontarlos exames é un factor fundamental para o éxito ou o fracaso. Lembras os famoso bloqueos mentais que ten as veces xente que se sabe todo de pe a pa e no momento crucial quedase en branco.
  15. Todo é relativo: Suspender unha oposición pode supoñer que aprobemos outra mellor.