Por qué …?

son incapaz de escribir sen cometer máis faltas cá un defensa do Torce Botas F.C?

Ler máis

O peixe

Había un peixe de cores que vivía nun estanque moi grande do xardín dunha casa maior. Pasaba o día a saltar fora da auga. Nada mais caer ó estanque volvía a saltar. Así día tras día, mes tras mes. Ninguén sabía por qué o facía. Ninguén lle preguntou. So era un peixe de cores! A xente do barrio, os nenos e incluso algún turista despistado acudía a ver o probe do peixe saltar. Certo día saltou tan forte e tan alto que caeu fora do estanque. Non había ninguén para velo, non había ninguén para axudalo. O peixe morreu sen presa asfixiado. O peixe morreu feliz. Levaba moito tempo tentando fuxir da súa cárcere acuática porque o peixe lle tiña medo a auga. Alí, tirado sobre a herba; morto; por fin era feliz.

Ler máis

Por qué?

Por qué un fulano que rouba un banco levándose catro perras é un perigoso delincuente e un empresario que defrauda a Hacienda miles de millóns é un modelo a imitar?

Ler máis

Apertura da bitácora

Hoxe en día calquera parvo ten un blog. Pois non! Faltaba eu. Ben, o certo é que este non é o meu primeiro blog, pero, que importa!. Aquí vomitarei as miñas ocorrencias según se vaian presentando na miña cabeza. Servirame de terapia.

Ler máis

Tricornio Wars

Para ir con confianza ó cuartelillo! Así é como se gastan as novatadas os picoletos entre eles. Non ten desperdicio ver os andares do animalico que propina a ostia. É o que me fai sospeitar que se poda tratar dun fake. Existen cando menos outros dous vídeos, un deles sería unha pelexa de mulleres garda civís. Visto en : «Ociocritico»:http://www.ociocritico.com

Ler máis