Non sen tempo, anque máis vale tarde que nunca e despois xa de moitas causas anteriores parece que se está a escribir o epitafio da Deputación Lugo. Ese, que para moitos, foi o maior niño de corrupción e caciquismo que esmagou durante décadas a miles para engrandecer a ducias.
Lugo e a súa Deputación son hoxe noticia de primeira plana en tódolos medios españois, non ó estilo marbellí, ben é certo, aquí en todo caso sería un estilo “brústico”, pedestre, gris, decimonónico, caduco e rancio.
Virán algunhas mentres “preclaras” a dicir que todo é froito dunha persecución e que don Francisco é un santo (¿?¿!), dirán que o fiscal os persegue porque lles quere mal, lles ten envexa…
Eu, agardo, ansío, que Xesús Izarrigue non se deteña e chegue ao fondo porque moitos cidadáns estamos xa fartos de que certos porcos coman o millo dos outros e encima digan que é seu.
O certo é que hoxe Ali Babá debe de ter unha certa acidez de estomacal pensando a que se lle ven encima; pero isto vai para largo, que inda falta moito para o San Martiño.
O que está claro é que cando estes se marchen, outros virán e tamén roubarán.
P.D: Outro día contarei como me chulearon nunha ocasión estes da Diputación de Lugo.