SEAT

«Confirmada a mala calidade da SEAT»:http://www.xinik.com/index.php?title=SEAT

Ler máis

O mar e a morte

Mirando cara o mar no vexo nada nin teño sensacións non escoito o batuxar das olas nin oio o chío das gaivotas todo o que quero do mar e que oculte o meu cadáver cando cumpra a miña misión para que todos crean que son unha pantasma e non un simple mortal

Ler máis

A casa, o especuador e o concello

- Así que vas a facer unha casa? - Si. Xa temos o terreo. Só nos falta a licenza para empezar a obrar. - Logo cha darán. E despois a por ladrillos! - Non te creas. Xa fai moito tempo que a solicitamos pero está todo paralizado … - E logo? - Nah, parece que algún peixe gordo está preparando un pelotazo urbanístico-especulativo e os do concello estanlle a preparar o terreo. Xa sabes, un pon o carallo e outros poñen a vaselina. - Que cabróns! - Isto estache montado así. Mellor calar e mirar para outro lado, que o que se move non sae na foto. - Non o entendo. Especular neste concello de merda que somos catro gatos? Non vexo eu moito negocio. - Desengánate que aquí, o máis parvo fai reloxos. - Merda de país! - Supoño que entendes agora porque...

Ler máis

O destino

Raído, mellado, tirado, abandoado, esquecido, perdido, maltratado, limado, engraxado, desprezado, maldicido, arrebolado, violado. Triste destino o do parafuso.

Ler máis

A Deputación de Lugo ou a Cova de Alí Babá

Non sen tempo, anque máis vale tarde que nunca e despois xa de moitas causas anteriores parece que se está a escribir o epitafio da Deputación Lugo. Ese, que para moitos, foi o maior niño de corrupción e caciquismo que esmagou durante décadas a miles para engrandecer a ducias. Lugo e a súa Deputación son hoxe noticia de primeira plana en tódolos medios españois, non ó estilo marbellí, ben é certo, aquí en todo caso sería un estilo «brústico», pedestre, gris, decimonónico, caduco e rancio. Virán algunhas mentres «preclaras» a dicir que todo é froito dunha persecución e que don Francisco é un santo (¿?¿!), dirán que o fiscal os persegue porque lles quere mal, lles ten envexa… Eu, agardo, ansío, que Xesús Izarrigue non se deteña e...

Ler máis