Día de Internet (en precario)

Está claro que hoxe vai de celebracións. Tamén celebramos o día da Internet que basicamente é usado polas compañías que nos dan acceso a rede a prezos de escándalo (polo caro) para realizar actividades onanísticas para maior honor e gloria dalgún director ou presidente que ten os seus aforros nas Illas Caimán. Na Galiza deberiamos celebrar o «Día do Precario Internet», gracias a deixadez das compañías outrora públicas e a inoperancia e pasotismo das administracións. Despois algúns pretenderan que sexamos unha potencia cibernética. Manda carallo!!

Ler máis

Día das Letras Galegas 2006

Adicado a Manuel Lugrís Freire. Hoxe é cando xente a que o galego lle importa un carallo convertésense en santos inquisidores do idioma.

Ler máis

Visto na Voz

¿Considera que el fiscal jefe de la Audiencia Provincial persigue a los cargos del PP? Diversos alcaldes y cargos del Partido Popular, incluido el presidente de la Diputación Francisco Cacharro Pardo, se han quejado de las actuaciones del fiscal jefe de la Audiencia Provincial de Lugo, Jesús Izaguirre. ¿Cree usted que los persigue? O que eu lle pregunto ó que escribiu iso “Considera qué o xuíz que leva a trama marbellí persigue ós políticos de Marbella? Ou non será que simplemente está a facer o seu traballo para tentar de limpar as rúas de delincuentes, maleantes e bandidos?”

Ler máis

Aniversario do meu can

Hoxe Toni cumpre 9 anos. A verdade é que este non é o seu mellor momento; o seu estado físico deixa bastante que desexar, pero, estas son as consecuencias de vivir nun sitio onde certos elementos subnormaliodes e presimiescos se adican a envelenar os cans dos demais.

Ler máis

Os catro xinetes

Sombríos nubarros móstranme o futuro; morte, guerra, envexa, relixión. Os catro xinetes cabalgando xuntos, polo hermo, mirando cara a cara os homes, antes de sometelos os seus designios. Antes de convertelos en escravos, sen saber que xa o eran, o son, e por sempre o serán.

Ler máis