Fin de semana

Se o meu coche non casca polo camiño, que teño as miñas dubidas (SEAT), o sábado estarei en Silleda facendo o primeiro exame das oposicións de auxiliar. O domingo o de subalterno. Mi ma! Espero que non ocorra o da anterior convocatoria… O luns ou o martes comentarei as anécdotas da xornada, as mellores xogadas e as pifias do arbitro, amén de outras curiosidades propias de calquera competición deportiva que se prece.

Ler máis

O fondo

O bo de tocar fondo é que xa non te podes afundir máis na merda. Falso! Cando pensas que nada peor che pode acontecer. Zas! Levas un topetazo que che recorda que segues en caída libre. Que segues a ser socio honorario do clube dos perdedores e que segues a pertencer a ese 90% que vive por debaixo da merda e que a conforma. Pero, alégrate. Ti polo menos sabes onde estás non coma o cento de pailáns (sexan ou non da Terra Cha) que están escravizados para máis gloria do capitalismo e nin sequera son conscientes delo, porque pensan que por poderse mercar un coche a prazos ou porque aínda son capaces de pagar a hipoteca pensan que son prósperos burgueses. Nos sabemos a verdade: somos uns putos escravos. Do sistema, dos políticos, dos bancos, dos mafiosos da...

Ler máis

A vivenda segue a subir… por agora

Un 15,98% de media en 6 meses. Case nada! Si que son eficaces as medidas do goberno para baixar os prezos! Probablemente non haberá ningún mafioso, traficante de armas ou drogas, político, sicario, ladrón que non teña invertido parte do seu diñeiro gañado “honradamente” en cemento e ladrillo. Por menos, armouse unha revolución na Rusia zarista. Aquí, como o que o que nos preocupa é o próximo partido da selección ou quen é o noivo de Rita a cantaora: todo tranquilo. Maña, 30.000 parvos en Colón vendo como uns millonarios corren en calzóns. Na próxima sentada por unha vivenda digna, catro rapaces e correndo a toda hostia diante dos azules que andarán repartindo a saco [coma nos bos tempos do tío Paco],...

Ler máis

Cheiro perfumado

Ollando para ela dinme de conta de algo; non me asqueaba, incluso diría máis: resultáballe atractivo. As miña grandes orellas peludas, o meu lombo rizoso, a miña mirada inexpresiva de labrador atraian a súa atención. Caiame a baba por una lateral da boca, pero, dixenme “Que carallo! A por ela!”. Empecei a camiñar de vagar cara ela, non a quería asustar. Era tan fermosa. A metade do camiño, cando xa a tiña tiro, cheirei algo, era algo superior as miñas forzas. Nun caldeiro de lixo había unha marca olorosa inconfundible. Non me puiden resistir, estaba na miña natureza. Levantei a pata e tirei un mexo forte e perfumado. Agora o balde lixo era meu.

Ler máis

Máis sobre o tema da vivenda

O que nos ocultan os medios e políticos nativos é “vox populi” unha vez atravesados os Perineos. Algún debería ir empezando a comprar vendas e mercromina porque o porrazo vai ser de campionato. Coma sempre os que pagaran os pratos rotos serán os proletarios e algún que outro despistado aprendiz de especulilla (que se foda). Os peixes gordos da especulación están levar ancoras camiño dos portos bursátiles e das economías emerxentes de alén dos mares. Os políticos seguiran a facer o seu agosto con chánchollos varios e os bancos sempre gañan, perda quen perda. Vivienda 1  Vivienda 2   Vivienda 3 Visto em...

Ler máis