O menda entra en capela

É o que ten non ser parente, amigo, … do político corrupto de turno. Un ten que buscarse as fabas a base de incar os cóbados. Un servidor estará morto para o mundo durante os próximos dezaseis días; primeiro co psico de subalternos da Xunta e a semana seguinte iremos a dar unha volta a Santiago para facer unha proba de alto segredo para intentar choiar na USC. Digo alto segredo porque era máis fácil atopar a Arca da Alianza que conquerir polas boas o temario. Eso si, noutros asuntos, non son tan dilixentes.

Ler máis

A Pastoriza online; vai ser que non

Buscando por curiosidade en Google e Yahoo cousas sobre A Pastoriza un dáse de conta de que practicamente non existe información sobre este concello na rede salvo a web de Sixto Andión que xa ten os seus aniños na rede. O único que din atopado foi unha web Pastoriza.net en construcción que polo que vin no Whois leva así dente fai anos. O caso e que nin sequera atopei un correo electrónico para comunicar co concello; de web municipal xa non falamos. Case que mellor, porque seguramente no caso de existir sería unha web estática realizada por algunha empresa de vividores cobrando varios miles de euros pola súa realización máis un pago periódico polo mantemento. I é que nesto dos profesionais do deseño web haiche moito espabilado. Tamén é complicado...

Ler máis

A burbulla a puntiño de facer plofff

En concreto, se han analizado las ciudades con más de 50.000 habitantes, y como media el precio del suelo ahí ha caído un 1,4% en el primer trimestre de 2006. Pero el dato más interesante está en Madrid y sus ciudades dormitorio: ahí el precio ha caído un 17,4% interanual. Alberto Noguera. Ya cae el precio del suelo

Ler máis

O gran saludador

Un ten certas costumes, raras, nos tempos que corren, abofé. Por exemplo, dicir «hola», «adeus» ou «bos días» cando me atopo con alguén que coñezo anque non sexa un amigo. O nene, ten certa educación, de algo tiña que servir repetir curso. Esta fermosa costume de saudar a xente, mellor se son mozas e de bo ver, parece que está en franca recesión. Sobre todo con certos elementos. Poñamos por caso que acudimos a certo acto social e por eses imponderables do destino acabamos cerca dun coñecido dos prehistóricos tempos de estudiante de instituto. Nin sequera un amigo, tan só un coñecido dos pasillos e dos lates. Un, que coñece as normas de protocolo, intenta cruzar unha mirada que confirme que se trata do suxeito en cuestión. Non é tampouco cousa...

Ler máis

Visto en «Las penas del Agente Smith»

en fechas recientes, se han publicado numerosas informaciones que llevan a pensar que si un alcalde (o concejal de urbanismo) no está o bien siendo investigado o en la cárcel, es más probable que se deba a que aún no le han pillado a que realmente esté cumpliendo sus funciones de forma honesta. Las penas del Agente Smith » Carta a la RAE.

Ler máis