Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

Arquivo para Agosto, 2006



Visto en http://blogs.20minutos.es/martinezsoler

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Vivenda
  • ¿Qué diría Gagarin hoxe?

    Enlazando co artículo das supostas palabras de Gagarin, hoxe dende o espacio diría:

    Non vexo ningún Deus, pero, pode ser polo fume

    Tags: Lume, Gagarin, Galiza

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Reflexións
  • Aquí non vexo a ningún Deus

    Aquí non vexo a ningún Deus


    Comentou, supostamente, Yuri Gagarin durante a primeira viaxe dun ser humano ó espacio.


    Technorati : ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Os meus demos

    Todos levamos os nosos demos connosco, día e noite, espertos e durmidos. Nunca nos deixan. Con sorte soportámolos e conseguimos vivir con eles; senón acaban por destruínos ou o que é peor escravizándonos. O meus demos son diúrnos, tranme imaxes do futuro e do pasado. Móstranme cousas que non quero ver. Dígolles que marchen pero eles sempre están a espreitarme, agardando un momento de fraqueza para voltar a atacarme. Son eles os que definen a miña existencia, atemporais, etéreos, todopoderosos. Adoptan múltiples formas: autocompaixón, vergoña, fobia, odio, ira, vinganza e sobor de todo; medo. Medo é o xinete que sempre vía diante dos outros, é o máis forte; é o máis malvado. Moitas veces me levo enfrontado con el: nunca vencín. Puido con outros moito mellores ca min; eu son fácil de derrotar.

    Medo alimentase de min, necesítame para sobrevivir; son a vez o seu escravo pero tamén o é de min. Sempre que pelexei con el saíu triunfante e eu máis débil. O que dixo “O que non te mata faite máis forte” era un imbécil a tempo completo. Cada vez que loito gañe ou perda a batalla estou perdendo a guerra. Son tantos contra unha mente única; Medo, Autocompaixón, Vergoña, Fobia, Odio, Ira, Vinganza. Que podo facer eu, triste mortal, contra os sete campións que derrotaron por milenios a humanidade enteira.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Microrelatos
  • A outra cara da especulación

    A especulación inmobiliaria está forzando a xente, principalmente nova, a outra emigración. Unha emigración de curta distancia. Xente que nin anque pactara co diaño a venda da súa alma podería mercar unha vivenda en Foz ou en Ribadeo ós prezos actuais, vense na obriga de reinstalarse en vilas máis adsequibles como Mondoñedo, Lourenzá ou O Valadouro.

    Este fenómeno está propiciando que en concellos do interior se estean a aprobar plans urbanísticos faraónicos non solo para cubrir esa oferta senón con vistas a segundas residencias para turistas en zonas do interior. Vilas, nalgúns casos, sen servicios incapaces de fixar poboación.

    Como xa dixen nalgunha ocasión, quen tivo a ocorrencia de dar competencias ós concellos sobre o urbanismo debía de ser un fenómeno, dun xeito ou de outro.

    Outra cousa que está ocorrer é a incesante compra de parcelas por certos "celebros" que manexan información privilexiada de onde si e onde non vai haber terreos urbanizables. Así mentres o coitado do paisano A pensa que está a vender un leiro cheo de silvas por catro perras, o paisano B sabe que está a mercar un futuro terreo urbanizable.

    Hai casos sangrantes, coma o de un alcalde moi amigo das bebidas espirituosas e de pegar saltos na praza do pobo cando gaña o Madrid que por un módico donativo concedería licenza para edificar ata no campanario da igrexa da súa vila.

    Unha cousa está clara; votarlles solo a culpa desta situación ós políticos e os especulillas é unha forma de escurrilo bulto e tapar a verdadeira realidade: cada pobo ten o que merece. Cando sexamos coma os suecos teremos un país coma Suecia.

    Chourizos e mangantes hainos en tódolos lados, a diferencenza é que dos Perineos para arriba están na cadea e dos Perineos para abaixo están nos despachos.


    Technorati : Foz, Galiza, Ribadeo, chourizos, especulación, mariña, urbanismo

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Vivenda
  • Os libertadores do pobo iraki

    Os americanos democratizando Irak

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas
  • Vermello

    Todo é vermello.

    Todo é vermello.

    Todo é vermello.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Haiku
  • Nestes momentos no que media Galiza é pasto do lume provocado certos elementos. Non deixo de pensar nas miles de criaturas calcinadas neses montes. Todo un ecosistema destruído, fogar de milleiros de seres vivos, réptiles, aves, insectos, mamíferos, … Todo perdido. Solo imaxinar os sufrimento destes seres mortos pola asfixia ou calcinados soportando a inmensa dor das queimaduras …

    Quen provoca isto non é soamente un fillo de puta, senón tamén un terrorista ecolóxico que debería prudirse nunha cela para o resto dos seus días, sobre todo co engadido de ter a maiores varias persoas mortas na súa conciencia. Bueno, estes jichos, non gastan conciencia. Xente que tivo a mala sorte de pasar por alí ou un heroe que caeu defendendo as súas terras.

    Desgraciadamente é bastante probable que quen paguen sexan os parvos de turno, autores materiais, pero non as cabezas pensantes, autores intelectuais. Nestes casos sempre se tende a dar o caso de que hai uns “celebros” que inducen a realización destes actos por razóns máis ou menos claras. Eu persoalmente teño a miña hipótese, nada é casual, todo está perfectamente programado con vistas a obter uns obxectivos.

    O amor e respecto pola natureza define o avanzada ou non que está unha sociedade.


    Technorati : , ,

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Reflexións
  • Arde Galiza

    Arde Galiza e eu solo teño preguntas e ningunha resposta:

    ¿Quén lle prende lume ós montes galegos?

    ¿Por qué se lles prende lume?

    ¿Quén se beneficia distas accións?

    ¿É obra dun perturbado ou dun individuo ou dun grupo organizado?


  • 1 Comentario
  • Arquivado en: Reflexións
  • SPACE RACE

    Esta semana na 2 de TVE emitiron despois do programa de Jordi Hurtado “Saber y Ganar” unha serie de documentais sobre a carreira espacial entre rusos e americanos dende o final da Segunda Guerra Mundial ata a chegada do home a lúa. Un documental no se entremezclavan actores interpretando os papeis dos principais protagonistas da carreira espacial con imaxes reais. Realmente moi ameno e didáctico.

    Mostrouse non solo a competencia entre o sistema capitalista e o comunista senón sobre todo a competencia entre dous homes Wernher von Braun e Serguéi Koroliov pola conquista espacial.

    Tamén é interesante ver como en grande parte ambas superpotencias beneficiáronse da tecnoloxía e sobre todo, dos cerebros alemáns. USA apropiouse como botín de guerra de máis de dous millóns de patentes xermanas que foron fundamentais no posterior desenrolo tecnolóxico dese pais. É curioso ver o gran parecido, por exemplo, entre os superbombardeiros B-2 e deseños alemáns de fai sesenta anos.

    É xusto recoñecer que durante a primeira metade do século XX Alemaña dispoñía dun un tesouro en forma de enxeñeiros, científicos, investigadores e que acumulaban grande parte dos premios Nobel destas ramas naqueles tempos. Todo iso era un prezado botín polo que pugnaron duramente soviéticos e americanos durante os últimos meses da guerra. Von Braun era un obxectivo primordial para ambos bandos, os soviéticos solo puideron quedar coas migallas (certo material e algúns científicos que traballaban con Von Braun en Peenemünde). O premio gordo levárono os americanos: Von Braun conseguiu poñer un americano na lúa.

    Todo escomenzará case trinta anos antes coas V-2 que destruían Londres e Amberes.

  • 0 Comentarios
  • Arquivado en: Novas, Persoal
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza