Maseda Rugby Club
Para os que somos aficionados ó deporte o rugby conxuga unha beleza e dinamismo que moi poucos deportes teñen. Sen ser o meu deporte favorito (basket) confeso que o rugby se sitúa entre os tres que máis me gustan (basket, rugby, balonbolea). Cando un vello amigo dos tempos do Instituto de Meira me comentou que estaba nun equipo de rugby pouco tardei en pedirlle que me fixera socio. O caso é que ese equipo é o Maseda Rugby Club de Muimenta e polo que me comentou recentemente ese amigo empezan a tempada o día 21 de outubro. Haberá que estar alí para animar e pasar unha tarde de sábado, se as circunstancias o permiten, entretida.
Ler máisBye, bye televisión
Animado por certos comentarios decidín prescindir da televisión a partires de agora. Durante moito tempo fun un adicto a caixa parva e inda hoxe tendo a perder máis tempo do debido diante dela. So me vou permitir o vicio de ver as partidos da liga ACB de baloncesto e tal vez algún filme ou documental de forma puntual. Xa comentarei se teño mono ou non. Tags: televisión, adicción, mono
Ler máisA miña vida en oposicións
Non é mal título para unha serie de televisión Fun a unha oposición a unha lonxana cidade galega gobernada con puños e flores onde xogaba un gran equipo de fútbol. Pasei calor, esperei durante horas, fixen o que puiden. Non se dignaron en contestar as reclamacións. Dixen: outra vez será. Fun a unha oposición a unha vila pequena no medio da terra para ser laboral. Pasei frío, esperei durante minutos, fixen o que puiden e aguantei a cheirume da bula das vacas. Aprobei. Era un exame doado, pena que os únicos puntos que teño eu son de sutura. Quedei sen traballo. Dixen: outra vez será. Fun a unha oposición, meses despois, a unha vila pequena que xa coñecía para ser funcionario. Pasei frío, esperei demasiado, fixen o que puiden pero eu non era de...
Ler máis“Allá vamos, otra vez” de Oren Ginzburg, Survival
“Allá vamos, otra vez” de Oren Ginzburg brinda un acercamento radicalmente novo a cuestión do “desenrolo” e o seu impacto sobre os pobos indíxenas, utilizando fermosas ilustracións e un humor mordaz para transmitir a súa mensaxe. Nos 2 minutos que se tarda en lelo, apórtanos unha poderosa, complexa e revolucionaria visión do que soe entenderse por “desenrolo”. Eu recibín estes días o libro. Ti podes encontrar a versión online en www.survival.es/allavamos Aquí transcribo a opinión de certos “civilizados” sobre os pobos indíxenas: ¿Cómo podemos seguir teniendo criaturas de la edad de piedra en la era de los ordenadores? Si los bosquimanos quieren sobrevivir, deben cambiar o, de lo contrario, se...
Ler máis







