Publicado o
27 January 2007 en
Xeral.
O meu Macbook, cun mes xusto de uso, está a coller unha bonita cor rosacea polas esquinas. CoñecÃa a existencia de casos de decoloracións nos Macbooks pero a verdade non esperaba que se produciran en tan pouco tempo. Ben é certo que o meu portátil viaxa todolos dÃas pero sempre tiben o maior coidado con el, envolto sempre na bolsa na que viña e trasladado nunha bandoleira que me custou 65 eurazos na tenda de Apple.
Tags: macbook, decoloración, apple
Publicado o
26 January 2007 en
Xeral.
Xa sei que existen milleiros de listados con software supostamente imprescindible para Mac, pero eu tamén vou aportar a miña máis que nada porque hai aplicacións que non aparecen en nungunha lista é son merecedoras dun certo resalte:
 |
Quicksilver: Non son nada imnovador, probablemente a aplicación para Mac imprescindible por excelencia. É unha ferramenta grautita que nos sirve para lanzar aplicacións, textos, música, … |
 |
Qumana: Todo aquel que teña un blog debería descargar esta ferramenta. Xa sei que ecto é a polla en verso pero qumana é gratis e cumple a mesma misión a perfección. |
 |
Vienna: Gran lector rss gratuito. Moi sinxelo de utilizar en sen nada que envexar a outros lectores comerciais. |
 |
Thinkingrock: Ferramente gratuita para crear listas de tarefas con multiples opcións de personalización. |
 |
Xtorrent: Gran programa para descargar torrents con buscador incorporado. Acabou o ter que ir a páxinas cheas de publicidade en busca de torrents. Polo de agora é gratis. |
 |
Deepvacuum: Para descargar webs e podelas ver ofline. |
Tags: software, mac, apple, xtorrent
Technorati Tags: apple, mac, software, xtorrent
Publicado o
25 January 2007 en
Xeral.
Mala é sociedade na que xulgan o corazón e honradez da xente basandose nas apariencias. Mala é a sociedade que asocia probeza aparente con delincuencia segura. Malo é ter que contemplar un abuso de poder que un crÃa que era exclusivo das pelÃculas iankis sobre a américa profunda e non poder facer nada salvo desafogarse con estas liñas.
Malas son as crenzas pre-establecidas nesta sociedade sobre os que son diferentes de pel, idioma, vestimenta ou modo de vida. Esas crenzas basadas no medo e no descoñecemento perxudican a tódalas partes e emprobecemnos moral e socialmente.
Malo é querer buscar delincuentes entre os pobres. Os pobres non son delincuentes, se foran delicuentes non serÃan pobres: serÃan polÃticos.
Publicado o
24 January 2007 en
Xeral.
Este é un dos meus primeiros mapas mentales. Ten algún erro pero pode ser utilizado para darnos unha visión moi superficial do Poder Xudicial en España. É útil para a maiorÃa das oposicións, xa que en case todas entra o tema do poder xudicial.
Preme aquà ou na imaxe para descargalo arquivo.
Tags: Mapas mentais, oposicións
Technorati Tags: Mapas mentais, oposicións
A partires de agora vou ir poñendo a disposición de quen lle interese tódolos o meus esquemas e mapas mentais e conceptuais que usei para preparar distintas oposicións. Algúns son unha merda, outros non están mal de todo e poden ser útiles a algúnhas persoas. Ofrecense sen nengunha garantÃa, co único proposito de axudar principalmente as tódolos opositores que se preparan por libre.
Comenzo con esquema da estructura do IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral da Xunta. Este é bastante cutre pero foi o primeiro co que me atopei agora. Simplemente é a estructura do IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral en colorinchos. En próximos dÃas prometo poñer mapas máis interesantes. A maiorÃa deles están en castelán pola simple razón de que os libros que utilicei para a miña preparación están en castelán. Tamén teño uns cantos en galego. Todos están en formato PDF para que poidan ser vistos en calquer sistema operativo.
Preme aquà ou na imaxe para descargalo.
Como non fumador deberÃa estar agradecido pola aprobación da Lei antitabaco. Sen embargo pareceme unha cagada do tamaño da torre Eiffel.
Camparada coas lei de paises como Gran Bretaña o Italia está claro que non da a talla, nestes paises está terminantemente prohibido fumar en calquer establecemento hostelerio. Aquà a cousa quedou nunha serie de maquillaxes que o único que fomentou foi que uns hosteleiros estean puteados e o borde do peche e outros poidan facer o que lles veña en gana.
Falemos un pouco da rúa dos viños de Lugo. Comentabame un empregado dunha das adegas que alà eles estaban puteados o 100% e que notarán que ó verse obrigados a non permitir fumar perderan moita clientela. As adegas ó ter productos como xamóns e embutidos teñen duas opcións, ou ben, pechan hermeticamente a zona donde se atopan os embutidos ou ben prohiben fumar. En adegas como a San Vicente ou a Adega e materialmente imposible facer isto, A Romana tivo máis sorte e puido facer as obras pertinentes para aislar os productos. O carallo é que nas adegas levan toda vida os xamóns e os embutidos expostos ó fume e nunca ocorreu nada. Estas adegas que dan un colorido especial a rúa dos viños estanse vendo seriamente perxudicadas por esta lei absurda. ¿Cómo se explica que no bar do lado se poida fumar tendo as tapas en contacto directo co fume do tabaco e nas adegas non se poida facer o mesmo?
A solución, se este goberno tibera o que hai que ter farÃa o mesmo que os paises viciños: prohibir fumar en todos os locais e sanseacabó. Pero aqui xa se sabe: tarde, mal e arrastro.
Tags: adegas, rúa dos viños, lei antitabaco
Últimos Comentarios