Vender información por internet

O gran negocio na rede é con total seguridade a venta de información. Ben sexa a través de ebook, audio book, filmes, … E un mercado que non mundo anglosaxón move miles de millóns de dólares anualmente e continua a medrar de forma imparábel. No mundo hispano as cousas van máis a modo pero tamén empeza a despegar este negocio. Coñecín alguns casos de primeira man alá polo anos 2001 a 2003 que fracasaron o cando menos non deron os resultados esperados por unha série de factores propios do mundo hispano: O internauta hispano pensaba (pensa) que todo o que hai en internet ten que ser grátis. O uso de tarxetas de crédito como medio de pago non estaba nin de coña tan extendido...

Ler máis

Nova versión de CSSEdit (2.5)

Acaba de sair unha actualización do que con case total seguridade o mellor editor de CSS do mercado: CSSEdit. Non se trata dunha actualización menor, senón que ven cun interesante feixe novidades que farán moito máis agradábel o traballo de crear follas de estilo Technorati Tags: css, CSSEdit, mac

Ler máis

Esquemas competencias de Galiza

Esquemas competencias de Galiza

Como varias persoas me escribiron a ver se podía seguir a poñer esquemas para descargar sobre cousas do fantástico mundo das oposicións, retomo a idea de compartir os meus apuntes de forma altruista para quen os queira. Non esperedes gran cousa xa que son unha merda; pero unha merda gratis… engado. Na anterior ocasión deixei de subir esquemas polo simple motivo do cambio de CMS. Estes son uns dos primeiros sinxelos esquemas que realicei: agora saenme mellor (a deus grazas)… Competencias exclusivas de Galiza: Competencias exclusivas de Galiza Downloads: Moitas, manda truco Competencias de desenrolo lexislativo e executivas: Competencias de desenrolo lexislativo e...

Ler máis

XI Festa Celta do Lugnasad en Bretoña

Este domingo confirmouse que a festa celta do Lugnasad volverá a decorar o primeiro venres de agosto para desfrute de nativos e foráneos. Tras unha par de anos de pausa para retomar forzas a asociación Auruxeira voltará a facer a festa celta, se deus quere, cunha nova directiva que permitiu un cambio xeracional deixando o vello paso ó novo. Toca agora ponerse mans a obra, sacar os traxes do armario e o que máis importante: prepararse para currar coma cabróns nun coto da Auruxeira que leva abandonado case tres años. Technorati Tags: Auruxeira, Bretoña, Festa...

Ler máis

Ferreiros de Riotorto

Ferreiros de Riotorto

O pasado domingo tiben a oportunidade de dar unha volta pola Feira de Artesanía do Ferro que se celebrou en Riotorto. Moita xente da redoada pasou por ali grazas ó atractivo da proposta e o soleado do día. A parte diso o compoñente musical a cargo de Susana Seivane e Milladoiro era do máis apetecibel congregando o mellor de cada casa. Tamén puidemos ver en primeira fila unha demostración práctica de como ferrar un cabalo. O mellor de todo, como non, poder ver o traballo dos ferreiros en vivo e en directo durante toda a tarde a parte de outros artesáns que estiberon presentes, por exemplo, un cesteiro moi «alegre» ou o xove zoqueiro Alberto Geada. Destacar que houbo teatro pola rúa e moita troula a...

Ler máis