Monthly Archive for May, 2007

Vicios de novos ricos

Cada español produce 11 kilos máis de lixo ó mes que fai 10 años. Podemos empezar por non coller máis bolsas de plástico no super e levarmos da casa unha bolsa de tela para traer a compra.

ADSL Rural: caro e pouco extendido

Asi pensa o defensor do povo Enrique Múgica. Pena que os mafiosos de Telefónica lles importe un carallo o que di.

Technorati Tags:

Piratas de Silicon Valley

Para quen teña interese en ver como se formaron Apple e Microsoft (máis ou menos) existe unha película chamada “Os piratas de Silicon Valley” que todo geek ou afeccionado a informática tería que ver.

Quen teña banda larga pode desfrutala aquí

Technorati Tags: , , ,

O nivel de certos periodistos

Un nunca deixa de sorprenderse, sobre todo cando ten un xornal na man. Nunca sabe un onde vai a saltar a nova. Este finde, creo, viña una nova no xornal “El Progreso” sobre as eleccións e a traxectória do alcalde de A Pastoriza: Xosé Yañez. O periodista que perpetrou a nova tivo a ben comparar a Xosé Yañez que leva toda a vida de alcalde con (ojo, al dato!, estalló la bomba deportiva) Ralf Shumacher, ese gran campión de nada,… supoño que pensaba en Michael Shumacher para comparar a un gran campión do mundo da Fórmula 1 con un gran campión gañando eleccións locais.

Un erro cometeo todo o mundo, incluso nestes tempos nos que cun click de rato podes contrastar información e datos en menos dun segundo; salvo que vivas no rural galego, claro. Pero un non deixa de preguntarse se alguén leu a crónica antes de mandala a imprenta.

Technorati Tags:

A gran dúbida de Homer Simpson

Cacharro Pardo

Noticia realacionada….

Technorati Tags: ,

Internet entra de cheo na campaña eleitoral en parte da Terra Cha

Nestes días tiven a oportunidade de votar unha ollada a vários programas de governo duns cantos partidos políticos. Un ten estes vícios!

O certo é que en case todos se fai referéncia o tema de internet, sobre todo as conexións claro está anque tamén a formación para as novas tecnoloxías. Terra Galega de Pol, PSOE de A Pastoriza, BNG de A Pastoriza fan referencia a este tema nos seus programas eleitorais. Lástima que sexa con dez anos de retraso. Parece polo menos que escomenza a haber vontade política de dotar ó rural dun verdadeiro sistema de acceso a internet e eliminar o colo de botella que impoñen a conexións de baixa velocidade. Imaxinade, por exemplo, o que é subir un podcast a través dunha conexión a 56 Kb: tortura chinesa da voa.

Ainda asi parece que no maxin dos políticos costa discernir conceptos como wifi e wimax anque se presupón a voa vontade.

Agardo non ter que esperar outros dez largos anos para poder ver en A Pastoriza o mesmo que comentei na entrada sobre a situación das conexións a internet en Estónia…

Technorati Tags: , ,