Dirk Nowitzki MVP da tempada regular na NBA

Dirk Nowitzki MVP da tempada regular na NBA

Confirmouse o que todo o mundo xa sabía e a super estrela xermana da NBA Dirk Nowitzki, dos Dallas Mavericks, foi elixido como o xogador máis valioso da tempada regular na NBA. Pena que nos playoffs o cousa non fora nada ben para o equipo texano e Don Nelson puido vingarse do propietario do equipo, Mark Cuban. A continuación un video no que se mostra a traxectoria e evolución de Dirk ata convertirse no primeiro europeo que é galardoado co MVP. Saúde e basket! Technorati Tags: dirk nowitzki,...

Ler máis

Super rumor eleccións locais

Super rumor eleccións locais

Teño unha información bomba sobre a campaña para as eleccións locais aquí na miña terra. É tan incribel que polo de agora non vou dicir nada ata que o poida confirmar ou teña probas fotográficas. Só dicir que de confirmase fará as delicias dos fans dos Monty Python e dos amigos do humor máis surrealista. Permañezan atentos as súas pantallas que desta saimos na TV Actualización 25 de maio de 2007: O gran rumor que me neguei a crer xa é publico e motivo de comentarios por todo o país. Efectivamente tratase das famosas sudadeiras coa imaxe do Che Guevara que puxo en circulación o PP de A Pastoriza. De momento A VOZ e Chuza son os primeiros medios en facerse eco da...

Ler máis

Barrios de Bretoña

Para quen guste da toponimía, esta é unha lista de barrios da parroquia de Bretoña. Como en moitos sitios cada barrio a sua vez dividese en barrios máis pequenos: Afoz Álvite Azougo Castrillón Castiñeira Currás Fitoiro Francos Fontao Igrexa (capital do imperio) Loxilde Mourelle Piñeiro Pedredo Seselle Soledad Xemil Technorati Tags: Bretoña

Ler máis

Cursos de formación online no CEI

O CEI acaba de sacar unha serie de cursos de formación online, algúns deles bastante interesantes e nos que parece que non hai que cumprir nengun requisito en particular para apuntarse. Os interesados poden inscribirse no CEI – NODUS, na Avda. de A Coruña, 490, no teléfono 982 264 260 ou por mail a formación@cei.lugo.es

Ler máis

Os criminais de novembro

Un pouco de história. ¿A quen se coñece como os criminais de novembro? Asi foron coñecidos en Alemaña os ministros que asinaron o Tratado de Versalles que supuxo a perda para Alemaña de máis de 2 millóns de quilómetros cadrados fora de Europa e máis do dez por cento do território alemán europeu a parte de ter que pagar unhas custosisimas compensacións económicas entre outras cousas. Os grandes impulsores destas durisimas condicións foron os franceses que ainda non esqueceran a malleira que lles deran os prusianos na guerra franco-prusiana. Este tratado tan duro foi a primeira pedra do camiño cara a segunda guerra mundial. Technorati Tags: alemaña,...

Ler máis