5 ideas para atraer máis visitas a unha web ou blog

Son cousas do pasado. Atraín visitas con elas en tempos pretéritos. Pode que xa non funcionen. Son técnicas empregadas entre 1999 e 2004 en distintas webs de carácter comercial cando as cousas funcionaban de outra maneira. 1. – Apuntarse a tops: Hoxe non son moi populares pero fai uns anos había milleiros. A cousa é apuntarse a tops pequenos con pouco tráfico para poder aparecer nos primeiros postos sen moito esforzo. Apuntarse a un top con moitas visitas e webs indexadas é unha perda de tempo xa que nin anque enviemos tres trillóns de visitas diarias apareceremos nos primeiros postos. Outro factor é deseñar un banner suxerinte que sempre axuda a pescar incautos. Se usamos publicidade como adsense...

Ler máis

Caza de Bruxas en Polonia

Caza de Bruxas en Polonia

O que está a pasar en Polonia é moi grave. Parece incrible que un país coma Polonia estea a dar os mesmos pasos que réximes non democráticos deron en tempos pasados: Os xemelgos contra Goethe Vai par de xemelgos Purificación en Polonia A homofobia chega do este Censura en Polonia Polonia e os perigosos Teletubbies Polonia inicia unha caza de bruxas comunistas Polonia paranoica Technorati Tags:...

Ler máis

A Pastoriza e o Plan FIP

Preguntome por que o concello de A Pastoriza é un dos poucos da provincia que non ten un só curso do Plan FIP 2007,… e mira que temos cursos a porrón. A pregunta, por suposto, é retórica. Plan FIP 2007 Technorati Tags: Plan FIP

Ler máis

Sobre a chorrada de poñerlle letra ó himno español

Estes días estase a falar moito sobre a proposta de Rajoy de poñerlle letra ó himno español. Supoño que se refería a temas coma estes cando dixo que o Partido Popular «centrábase» nas preocupacións dos cidadáns. Unha das grandes cousas que ten o himno español é precisamente o feito de non ter letra, fai que cando menos sexa un himno bastante mellor que a maioría dos que pululan por aí. Non se pode esquecer que a case totalidade de himnos nas súas letras recurren a pautas comúns: 1. Un archienemigo: pode ser un estado viciño, a antiga potencia colonial, os comunistas, os liberais, … En fin, alguén a quen botarlle a culpa de todos os males do país. 2....

Ler máis

Primeiras imaxes de Ecto3

Primeiras imaxes de Ecto3

Unha pena que polo de agora non teñamos beta que levarnos a boca. Nova orixinal Technorati Tags: Ecto3

Ler máis