Bluegravity
Curiosas as voltas que da a vida, este blog aloxase dende fai un par de días no meu primeiro hosting de pago que tiven a finais de 1999: Bluegravity. Son caros, estrictos, non se pode facer nada no panel de control (non hai Cpanel, Ensim, ni nada similar), teño que pedir as bases de datos ou engadir dominios vía email pero son a mellor empresa de hosting que coñecín. Technorati Tags: bluegravity, hosting
Ler máisCrónica do Lugansad 2007
Un ano máis a Festa Celta de Bretoña quedou xa atrás e é tan só un recordo: un bo recordo. Era difícil facer cábalas antes da festa sobre cal sería o resultado; se gustaría, se habería xente, e moitos outros ses que non serían desvelados ata o día do festival. Tras un parón como o acontecido nos anos anteriores a incertidume era, se cabe, moito maior… malia todo, a ilusión e as ganas non faltaron e con esa ilusión foronse suplindo os atrancos que puideron xurdir en momentos determinados. Foi curioso e agradable comprobar a boa resposta e acollida que tivo a Festa Celta de Bretoña este ano. Tamén comprobamos como, ano tras ano, xente en maior ou en menor medida se segue sumando a este proxecto e aportando o seu gran de area que por...
Ler máisLigazóns de interese para aprender algo de HTML e CSS pola patilla
Visto o prezo dos libros, mellor tirar de webs gratuitas, e como diría un amigo meu «gustanme todas» HTML e CSS: http://www.gotapi.com/html http://htmlref.com/ http://www.htmlcodetutorial.com/ http://www.htmlpoint.com/ http://www.cssplay.co.uk/ http://snipplr.com/
Ler máis







