Mercando en amazon

Mercando en amazon

Hoxe chegoume o primeiro pedido que fixen a amazon. Nunca fixera un. Curioso. Xa era hora de probar. En fin, que teño mercado en moitas tendas online pero curiosamente nunca o fixera na máis famosa de todas elas. Ata agora. A principal razón para facelo foi por un lado prezo dos productos e por outro a posibilidade de adquirir libros que sería moi díficil por non dicir imposibel mercar en tendas convencionais ou en librarías online nacionais. Amazon é xa de seu unha tenda onde os libros están moi baratos, pero a iso temos que sumar a deprezación do dolar fronte ao euro. Total, que os prezos son caralludos. O proceso para mercar é similar a outras tendas online. Vótase en falta a posibilidade de pagar con Paypal. A miña compra entra dentro...

Ler máis

Ese traballo

Que bonito é o traballo cando é gratificante e ben pagado. Din que existe pero é como os billetes de 500 euros: ninguén o ten salvo os políticos, banqueiros e construtores. Eu estou moi contento co meu traballo actual. Pena que non sexa para sempre. Pena que non estea un pouco mellor pagado. Pasar 7 horas diante dun ordenador para moitos pode ser un calvario; para min unha bendición. Un vicio. Unha adicción. Non é duro, anque si extresante en certas ocasións. Nalgúns momentos pode parecer aburrido pero o pracer de crear algo para que outros o vexan non deixa de ser a mellor gratificación. O ambiente e os compañeiros non hai cartos que os paguen: teño sorte. Canta xente está cun sorriso na boca 7 horas diarias? A única desventaxa son os...

Ler máis

Toni

Toni

Technorati Tags: Toni

Ler máis

Primeira experiencia con Vista

Onte tiven a oportunidade de traballar por primeira vez con ordenador con Vista instalado. Foi, como non, facendo de técnico non oficial de Microsoft. O equipo era un portátil de Packard Bell bastante bonito e bastante grande como para poder chamarse portátil. O primeiro que ves é que o inicio do sistema e lentísimo e tes que armarte de paciencia. É incribel que un sistema operativo vai tan lento nun equipo novo do trinque. Róncalle o nabo! Unha vez que arrinca, a verdade é que non ves nada de particular con respecto a un XP e incluso quédase algo soso comparado cun Tiger. Mogollón de asistentes pero o que usei non funcionou para desesperación miña. En fin, que tampouco lle din moitas voltas, que era fin de semana e había cousas máis interesantes...

Ler máis

U-la conexión inalámbrica?

Unha das promesas electorais que levaban case tódolos partidos era o impulso do acceso a internet no noso concello. Concretamente un partido tiña no seu programa implantar acceso inalámbrico no concello. Todo iso está moi ben: se se fai. Agora resulta que tódolos concellos da redoada terán aceso a internet inalámbrico menos éste. Ribeira de Piquín, Riotorto, Mondoñedo, Pol; si, A Pastoriza; non. Supoño que tocará esperar uns cantos aniños máis… Mentres en Lugo -capital- hai tantas redes dispoñibles que non collen na ventá do KisMAC. Que mal repartido está o mundo! Technorati Tags: A Pastoriza,...

Ler máis