A gasofa polas nubes
Alguén se ten que estar poñendo as botas a conta dos que enchemos o depósito. Eso si, os concesionarios de coches xa poden empezar a vender bicicletas ou a regalar un coche con cada cartón de leite que se venda.
Ler máisO espiritu do Nadal
Un ano máis chega o Nadal. É como a declaración da renda, o Gran Irmán ou a gripe: periodicidade anual. Millóns de persoas votanse a rúa cheos de espiritu navideño dispostos a queimar a súa VISA en compras ridículas que rematan nos faiados das casas pasados uns días. Un «El Dorado» anual para tendas e centros comerciais. Mentres, noutras partes do mundo, millóns de persoas morren de fame ou malviven con menos dun euro ao día. Ese bonito balón de fútbol polo que pagamos 50 euros foi feito por un meniño paquistaní de 9 anos que cobra 50 euros ao mes traballando en xornadas de 15 horas diarias para a multinacional americana. Esa mesma que lle paga varias dúcias de millóns de dólares anuais a un fulano por darlle patadas a un balón feito por ese...
Ler máisCuriosa fonte
Esta fonte está no barrio da Igrexa, en Bretoña. Durante os anos 80 parábamos case tódolos días nela a beber cando saíamos da escola e aínda non había transporte escolar e, tamén, cando domingo tras domingo íamos ao catecismo. Hoxe fica abandoada, sen uso e case seca. O interese desta fonte pódese ver nas fotos…
Ler máis







