Arquivo de Febrero, 2008

Decepción Leopard

27 de Febrero de 2008

Non será porque non mo avisaron, pero, a verdade é que pasar de Tiger a Leopard foi un erro.

Con Tiger en case un ano de uso 0 cuelgues, salvo algunha vez que se quedou pillado o firefox. Con Leopard cuelgues cuasi diarios de varias aplicacións, ventiladores tolos cada vez que conecto un pendrive ou un disco duro externo e apagues a machete de cando en cando porque se queda parvo o sistema operativo.

Máis ca leopardo; minino.

Legalidade internacional (jo,jo)

22 de Febrero de 2008

Unha artigo moi en interesante en nodo50 sobro o novo protectorado dos EUA.

Éxito absoluto da “Operación Raices”

18 de Febrero de 2008

A “Operación Raices” é a denominación do plan deseñado pola CIA para a desestabilización de Iugoslavia fudamentada en azuzar o odio interétnico. O fin último era a destrucción do estado Iugoslavo.

Entre as tácticas usadas pola CIA estaban a creación e financiación de grupos terroristas, unha agresiva política propagandistica anti Serbia e o asesinato de refuxiados e poboación civil. Nada que non teñan feito antes en dúcias de paises.

Exemplo de como Estados Unidos trata aos refuxiados:

En la Krajina, los aviones MIG croatas ametrallaron las columnas de refugiados serbios que huían. Este ataque formaba parte de una operación planificada por la CIA

[From Núm. 54]

Alemaña era outro estado fortemenente interesado na desmembración de Iugoslavia pola súa tradicional amizade cos países máis xermanizados da antiga Federación e polos intereses económicos que ten na costa adriática. Non tivo escrúpulos en vender armas de maneira ilegal para beneficiar os seus intereses na zona.

“Como consecuencia de la presunta venta de armas a los gobiernos de Croacia y Bosnia por parte de Alemania,Austria, Argentina, Chile, Israel, Irán, Turquía y otros, la República Federativa de Yugoslavia ha formulado denuncias diplomáticas y periodísticas contra los países nombrados precedentemente.”

“Cabe destacar, al respecto, que las Repúblicas que integraban la ex Yugoslavia, en su totalidad, se hallan actualmente sometidas a un embargo de armamento dispuesto por la UN, el cual se estima, podría haber resultado ineficaz no permitiendo la consecución del objetivo propuesto inicialmente.”

[From Balza ya sabía de las armas en 1992 ]

Os refuxiados e os dereitos humáns nunca importaron, o importante é controlar unha zona pola que pasar os recursos dende Asia hasta Europa.

“Camp Bondsteel, la mayor base militar estadounidense “creada a partir de cero” desde la guerra de Vietnam, (…) está localizada cerca de oleoductos y corredores de energía vitales actualmente en construcción, como el oleoducto Trans-Balcanes financiado por Estados Unidos. A consecuencia de ello, constructores de defensa —en particular la subsidiaria de Halliburton Oil, Brown & Root Services— están haciendo una fortuna.[From Rebelion.]

Para saber que fan os capitalistas cando se topan con limpezas étnicas… Os ianquis dan palmadas de aprobación e os da CEE facendo o que mellor saben: mirar para outro lado.

Para saber máis de como se planificou a destrucción de Iugoslavia por parte das potencias imperialistas é moi recomendable visitar o seguinte enlace:

Enlace recomendado: http://www.eroj.org/urbiorbi/Yugoslavia/insider.htm

Un extracto:

La meta de «Roots» es la separación de Kosovo de Yugoslavia, sea en forma de una autonomía muy amplia, o de una adhesión a Albania, o consiguiendo la independencia, para así privar a Yugoslavia de importantes materias primas.

Pero también apunta a la separación de Montenegro, el último acceso de Yugoslavia al Adriático, y la secesión de la Voivodina, el granero del estado yugoslavo que también posee importantes materias primas. La consecuencia sería el colapso de Yugoslavia como estado industrial soberano.

La razón de esta acción es el miedo de los EEUU y de Alemania a una alianza de Rusia y otros estados de la CEI (Comunidad de Estados Independientes) con Yugoslavia, en el caso de que Yeltsin sea reemplazado por fuerzas comunistas o nacionalistas.

[From Untitled]

Lembremos que Serbia é único páis aliado de Rusia na zona dos balcáns.

Creo que a estes tinglados se lles chama Xeopolítica.

CaBraChe

15 de Febrero de 2008

cabrache

Non se trata dun novo servidor web, é unha simple configuración exótica do httpd.conf para conseguir un mellor rendemento do Apache no servidor que estiben montado estes días no traballo.

Por que?

Por aprender e porque mentres facía iso non tiña que estar facendo outras cousas que me gustan menos (PHP ou mirando porque hai 3 o 4 PCs que non queren arrincan cada maña -Windows, of course-) .

Para que?

Para configurar un servidor no que instalar a plataforma de e-learning lucuslms.

Que significa CaBraChe?

Cañita Brava Cherver. Si, efectivamente, estamos moi mal :)

Por que lle puñemos CaBraChe?

  1. No traballo hai moito fan de Cañita, incluso algún imitador.
  2. Hostname canitabrava.
  3. Somos uns cachondos.

Agora en serio, haber se cando teña un rato poño -por se a alguén lle interesa- os pasos que din para montar o servidor web (Apache+PHP+MySQL) en FreeBSD 6.3 porque sendo un proceso bastante sinxelo ten algunha pijada que pode dar algún quebradeiro de cabeza.

Tamén teño a idea de facer un tutorial de como instalar o lucuslms porque ten miga o asunto.

Crédito foto: Óscar

L.A “Gasol” confidencial

11 de Febrero de 2008

O venres aguantei diante do televisor hasta pasadas as catro da maña para ver o partido dos Lakers contra Orlando. Curiosidade e moitas ganas de ver como se desenvolve Gasol no seu novo equipo.

Máis alá do obvio -30 puntos e 9 rebotes- está claro que polo de agora Gasol parece atoparse cómodo no seu novo equipo.

A prensa deportiva e non deportiva apunta a que os Lakers con Gasol e Bryant son un claro aspirante ao título; eu non o vexo así.

Tradicionalmente, polo menos nos últimos anos, a conferencia Oeste é moito máis forte. Os cocos da liga están case todos alí (San Antonio, Dallas, Phoenix). Pola contra na conferencia Este non soe haber máis ca un ou dous equipos que medianamente aspiren ao anel. Este ano Boston (por fin) parece un claro favorito.

Actualmente os Lakers están nun posto discreto na súa conferencia. Liderada ésta por Phoenix con Nash e a nova fichaxe estrela (Shaq) como principais refentes do equipo xunto con Stuodemire e secundados por moi bos xogadores como pode ser Leandro Barbosa. Realmente os Suns parecen xa non só os favoritos da conferencia -co permiso de San Antonio- senón os únicos de plantar cara a Boston. Dallas necesita urxentemente un base pasador e un pivot que lle vote unha man Nowitzki baixo os taboleiros se pretende aspirar a algo máis ca o acontecido na tempada pasada.

Volvendo aos Lakers; o estilo de xogo da franquicia anxelina é moi simple: pasarlla a Kobe. É triste ver como xogadores de gran talento como Odom son meros secundarios no equipo facendo aportacións moi inferiores as que o seu talento lles permite. Haberá que ver como se desenvolve Gasol nos seguintes encontros, sobre todo cando se recupere Andrew Bynum pero o certo é que se contra Orlando meteu 30 puntos foi grazas a uns porcentaxe de tiro espectaculares que non se dan con frecuencia. Bryant meteu os seu 36 tantos a base de lanzar todo o que lle chegou cunhas porcentaxes tiranto a malillas.

A tendencia máis probable é que Bryant siga lanzando todo o que lle chegue e Gasol teña unhas porcentaxes de tiro máis discretas. Con todo, creo que poderá manter fácilmente unha media de entre uns 15 a 17 puntos por partido.

Tendo moita sorte nos cruces o máximo ao que podería aspirar este equipo creo que é a unha final de conferencia contra San Antonio ou Phoenix.

Precaución peatón

1 de Febrero de 2008

precaucion_peaton

Parece que en Lugo existe unha innata afección pola caza. Esta sinalización está situada a beira do río Miño moi cerca da Ponte Vella de Lugo.