Arquivo para Abril, 2008
A oferta de emprego público para o 2008
Por Seve - Oposicións - 25 Abril 2008
En fin, pouco se pode comentar de esta oferta de emprego público histórica ou “hijjjjjtórica” que diría o presidente do Congreso dos Deputados.
Mellor votar un ollo a valoración que fai a CGT sobre a oferta de emprego público.
“Mexan por nós e temos que dicir que chove”- Refraneiro galego.
O ícono que se perdeu xogando ao escondite
Por Seve - Mundo Apple - 23 Abril 2008
Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder.
Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de mecachis, dous case,… por fin un bingo!
sudo chflags nohidden /
Unha vez que se atopa que fácil parece, pero antes…
O artigo completo coa explicación para que apareza de novo o ícono do disco duro no escritorio do noso mac en inglés.
O diñeiro é deuda
Unha simple explicación de como funciona a banca moderna e porque é un sistema insostible.
A Xunta por enriba do ben e do mal
Por Seve - Oposicións - 2 Abril 2008
Moisés baixou do monte Sinaí coas táboas da Lei escritas en pedra. Hoxe as leis escribense en papel ou formatos dixitais, a pedra quedou relegada para a “jeta” dos que redactan as leis.
A Xunta foi sempre un exemplo de como se poden incumplir as leis sen que pase nada. A última é o incumplimento da obriga de publicar a oferta de emprego público para o ano en curso dentro do trimestre seguinte ao da aprobación dos orzamentos.
En fin, estarán moi liados co proceso de consolidación para meter todas esas plazas ocultas ocupadas dende fai lustros por persoal non funcionario que ningún novo funcionario podía escoller porque non saían nas relacións.
















Últimos Comentarios