Un ano para lembrar
Difícilmente me volverei a encontrar cun grupo humano tan excepcional como co que compartin «traballo» e vivencias o último ano. Cando o ano pasado empezamos no @pl era imposible predecir a sorte que ía ter por compartir experiencias, traballo e ceas con persoas realmente marabillosas. Xente da que aprendín moito, xente que me axudou e xente que anque sen sabelo me motivou para dar un paso adiante para, por exemplo, aprender (neso estamos) php, ruby e python. Persoas como Ana, Mar ou Pablo que tiveron paciencia comigo e respostaron as miñas preguntas cando surxían as dúbidas o tempo que pasei nas alturas. Que sería dos cursos sen as plantillas de Pablo! Tipos divertidos coma 8800, Juanito, Macias, Covas, … humoristas en potencia, anque superados...
Ler máisOfertas de emprego según a Xunta
A Xunta facendo un acertado analise da realidade laboral galega.
Ler máisInstalación de cakephp en Mac OS X Leopard
1. Baixamos xampp dende http://www.apachefriends.org/en/xampp.html 2. Instalamos xampp 3. Descargamos cakephp dende http://www.cakephp.org/ 4. Copiamos o contido do directorio de cakephp a un directorio que crearemos en htdocs. Por exemplo “proxecto1” 5. Creamos unha base de datos con phpmyadmin. Por exemplo “proxecto1” 6. Editamos o arquivo /app/config/database.php.default de cakephp. Buscamos a liña class DATABASE_CONFIG e introducimos os datos o nome da nosa base de datos, usuario e password. Gardamos como database.php. 7. No arquivo de configuración de Apache file://localhost/Applications/xampp/etc/http.conf buscamos esta liña: <Directory “/Applications/xampp/xamppfiles/htdocs“> e cambiamos nesta sección AllowOverride...
Ler máisStop transxénicos
Nun país coma o noso podese agardar un calquera cousa, negativa xeralmente. O tema dos tranxénicos, creo que a estas alturas, hasta o menos documentado (eu, por exemplo) sabe que son un perigo para biodiversidade e moi probablemente para a saúde dos seres vivos. España e por ende Galiza son sitios peculiares que teñen como grandes éxitos, a parte dos deportivos, estar de forma omnipresente nos últimos postos en toda canta lista se elabore en canto a medicións de desenrolo, educación, progreso, calidade de conexións a internet, índices de lectura, salarios, … eso si, hai festas para aburrir. Pan e circo! Mira por onde, hai algunhas listas nas que si aparecemos nos primeiros postos; fracaso escolar, fabricación de minas antipersonas (si, vin o...
Ler máisLeis universais
«A merda do teu veciño sempre vai a caer na tu propiedade e nunca na del». Esta é unha lei tan exacta como a da gravidade.
Ler máis







