Seve

Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan

Arquivo para Julio, 2008

Xunta 2.0

Días atrás comentei de pasada unha das cagadas que había que sufrir se un tiña a mala sorte de querer apuntarse para os procesos selectivos da OEP máis grande da historia según a propaganda oficial e un dos enganos máis grandes da historia según outras fontes.

Independientemente da conveniencia ou non de usar como medio exclusivo internet para apuntarse internet. Onde eu vivo ainda, por desgraza, moita xente que ten case imposible acceder a internet por culpa dos famosos TRAC´s rurais que seguen operativos, por non esquecer o carisimo que é o acceso a internet de banda semilarga para a maioría dos galegos (40 euros/mes + liña). O caso é que se se fai deberíamos asegurarnos polo menos de que funciona e que é accesible para todos os internautas e non só para os que mercaron un determinado producto informatico, xa que un escomeza a pensar que a Xunta traballa de comercial para M$.

Durante os últimos anos tivemos que aturar que a administración galega nos vendera a moto do seu apoio ao software libre e outras milongas pero a hora da realidade nada de nada. Os exames nos que hai que usar ordenadores seguen a ser baixo a platforma windows rezando para que non se che colgue mentres estás facendo o exame e con suites ofimáticas da empresa do tío Steve Ballmer. Os ordenadores de todos e cada un dos traballadores da Xunta seguen a lucir o logo de windows cada vez que son iniciados. Iso é o que se chama predicar co exemplo. Por suposto o seu falso apoio servelles para ir de guais.

Volvendo ao tema. Quen pretende apuntarse aos procesos selectivos a través desa aplicación que existe na web da Xunta xa de primeiras atopase cunha advertencia en letras azules de que se usa Firefox ou Opera que consulte a documentación sobre problemas frecuentes que non aparece por ningún lado. Tal vez a axuda? Baixaste un pdf de 7 follas no que non se di absolutamente nada sobre navegadores. A primeira na fronte.

Tentei cubrir o formulario usando firefox. Unha vez rematado daslle a verificar e con desesperación comprobas que non fai nada de nada.

Repetín o mesmo proceso co Safari e gracias a virxe dos imposibles, o éxito foi case total :).

Agora, cando pretendes pagar a taxas online é cando te chulean:

Pago telemático (só con Internet Explorer)

xunta-explorer

Para mexar e non votar gota!

Os que teñamos unha máquina correndo en Mac OS X, Linux, FreeBSD, Solaris, … que nos dean. Canto cobran de M$ por crear unha aplicación que só funcióna con Explorer? Unha aplicación que dito sea de paso permite a unha persoa ver os datos persoais (telf, dirección, email, …) doutras persoas apuntadas. A lei de protección de datos?

En fin, hoxe tentareino nun portátil con Windows Vista e Explorer 7 prestado para tan insigne traballo porque o máis cachondo e que nin tan sequera funciona correctamente usando Explorer 6 (vía Boot Camp). Vamos que é unha aplicación con compatibilidade total con todos os navegadores. :P

O fondo do asunto é que estamos ante un actuación claramente discriminatoria por parte dunha administración pública que se presupón que ten os recursos suficientes coma para crear algo que funcione mínimamente ben na maioría dos navegadores actuales ou polo menos nun navegador que sexa multiplataforma, gratuito e non ligado a un sistema operativo en concreto.

Qué será o próximo?

Pago telemático (só co carné do Racing Cantalapiedra)

Pago telemático (só ca partida bautismal)

Pago telemático (só para os que merquen productos M$) Upss, isto xa pasou :P

Pago telemático (só para brancos)

Actualización: Hoxe, día 23, aparece por fin ese manual de problemas frecuentes. Que celeridade!

Meme: Moral bloguera

Aquí o meu amigo Carlos que me pasa un meme. O primeiro que fago :P

Vamos alá:

Bloggear: ¿Amor al arte, hacer amigos o dinero?

Necesidade natural diría eu. A evolución lóxica dos que escribimos un diario pero sen chegar a ser un diario xa que hai moitas cousas que só son para un mesmo. Probablemente, tamén unha forma de darlle de comer ao ego.

¿Diseño o contenido?

Contido.

¿Adsense o publicidad privada?

Nengunha, pero acepto ofertas :P

¿Reviews o publicidad?

Nengunha.

¿Wordpress o Blogger (u otros)?

Wordpress e Textpattern. Este blog empezou usando Textpattern durante máis dun ano.

¿Valen los “Vía…”?

Valen pero sen abusar.

¿Te gustaría que copiasen descaradamente entradas de tu blog sin tu consentimiento y sin un enlace a tu blog ?

Encantaríame.

¿Trabajar en el SEO, en el contenido o en el diseño?

Non me tomo o meu blog moi en serio. Eu só escribo sen pensar moito no que escribo. Contido.

Qué es mejor en una entrada: ¿Muchos comentarios, muchos links o muchas visitas?

Os links. Son demasiado perezoso para contestar os comentarios.

Blogs puramente comerciales: ¿Una vergüenza o sólo otra forma de ganarse el pan?

Non sigo moitos blogs comerciales. De memoria: Applesfera, Vivaphp e Vivalinux. O importante é o contido, o resto é intranscendente.

Feeds: ¿Leer sólo lo esencial o leer de todo?

De todo, pero sempre empezo polos mesmos.

Listo. Haber se Óscar se anima a seguir.

  • 7 Comentarios
  • Arquivado en: Persoal
  • Puñetero Explorer 6

    Poste a facer unha web por altruismo, por gusto, por pasta ou traballos para a comunidade. Imaxes, xhtml, css, javascript e algo de php se é preciso. Queda máis ou menos decente. Validas o xhtml. Validas o css, Empezas a comprobar como luce en cada navegador:

    Opera —> OK

    Safari —> OK

    Firefox —> OK

    Explorer 6 —> …cagonto… un batiburrillo de moito carallo. Empezas a buscar hacks; que se os png transparentes, que se explorer non soporta tal ou cual atributo css, que se… Empezas coas reformas, chapuza por aquí, chapuza por acolá. Ao final, máis ou menos funciona ben en Explorer 6. O precio: máis código, arquivos máis grandes e tempo perdido.

    Como exemplo, a última web na que traballei no @pl levou máis tempo adaptala para que funcionara en Explorer 6 que a creación en si da plantilla e con todo na zona de administración aínda quedaban un par de cousas por adaptar que quedaron sen facer por falta de tempo. Co fácil que sería que o encargado de administrar a web usara firefox!

    O tema é que como “pringao” oficial e medio entendidillo en ordenadores, en ocasións son chamado por coñecidos para certas chapuzas informáticas chegando a unhas conclusións:

    1. O 100% da xente usa IExplorer 6 salvo que lle venderan un equipo con Windows Vista.
    2. O 100% non sabe o que é firefox, nin opera, nin…poña aquí o seu navegador favorito.

    Videotutoriales de PHP e MySQL

    Uns cantos enlaces a páxinas web (en inglés) con videotutoriales sobre PHP e MySQL. Unha forma fácil de collerlle o tranquillo. Unha imaxe vale máis que mil palabras.

    Devzone
    Learn php free
    W3schools
    Phpbuddy
    Php MySQL Tutorial
    Phpvideotutorials
    Software Training Tutorials
    Killer Php
    Sampsonresume

    xunta

    Agora xa nin che deixan apuntarte. :P

    …en cutrez e pésimo servizo. Un teléfono fixo que non funciona. Neste punto empeza a miña odisea para ser atendido polo servizo técnico desta pseudocompañía.

    Como o fixo non funciona, chamo usando o meu teléfono móbil. Despois de seguir as intrucións da puta gravación en tres ocasións e terminar a chamada sempre cortandose preguntome que coño pasa e se terá algo que ver que estea a chamar dende un móbil de Vodafone.

    Resignado busco un supletorio que tiña tirado por algún lado e enchufo o aparato a liña. Chamo, sigo de novo os pasos da gravación de marras e selecciono ser antendido en GALEGO (non en chino, finés, italiano ou outra língua). Pois ben, atendeme unha señorita en castelán cun acento caribeño tan forte e que fala tan rápido que apenas a dou entendido. Digolle que solicitei ser atendido en galego e respostame que só está dispoñible castelán, inglés e alemán. Manda carallo!. Para que coño poñen a opción de ser atendido en galego se despois te pasan cun operador que non o fala.

    Por certo; a atención pésima. Pero iso non é culpa da persoa senón do cacho de carne que deslocaliza o servizo para poder explotar a pobres traballadores nalgún lugar perdido entre Hawai e Bombai sen nin tan sequera darlles a mínima formación.

    Segunda parte

    Despois de tentar infructuosamente que un técnico se pase pola miña casa para mirar que coño lle pasa ao teléfono cerran a incidencia sen dar explicación.

    Días despois chamo de novo e si consigo que una amable señorita me atenda en galego. Fago a solicitude para cancelar o servizo de alquiler do teléfono xa que parece que non teñen tempo nin ganas de vir a reparalo. Según ela, nuns días mandaranme unas pegatinas por correo cunha dirección a que debo remitir o teléfono que quero devolver (un multiforma por moito que eles digan que é un domo). Un mes despois nin pegatinas nin pimentos de Padrón. O luns a consumo haber se consigo algo a través deles.

    O certo é que das distintas mafias que controlan o mundo da delincuencia, Telefónica é a que peor me cae.

  • 2 Comentarios
  • Arquivado en: Xeral
  • Foto de un servidorNacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

    Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).

    Para falar conmigo usando GoogleTalk: O meu emilio

    Para atoparme no Skype: seve_britonia

    Botóns

    Directory of Regional Blogs blogalego - buscando nos blogs en galego! blogaliza