RescueTime
RescueTime é unha aplicación bastante popular dispoñible para MAC, GNU/Linux e Windows que nos permite levar un control do tempo que pasamos en fronte do ordenador e saber en que o malgastamos, utilizamos ou regalamos. Instalei por primeira vez este progama estando no @pl para xogar un pouco con el e ver os resultados: bastante nefastos. Despois esquencinme del ata fai unhas semanas que lle volvín a prestar atención e empecei a úsalo para monitorear as miñas actividades frente ao ordenador. Así vin con algo máis de claridade por onde malgastaba o tempo visitando webs ou que programas usaba máis tempo. O programa permite que dende o dashboard especifiquemos a productividade das nosas accións frente ao ordenador poñendo por exemplo un +2 ao tempo que...
Ler máisIndiana Jones e a compulsa de documentación
Todos os que nunha ou en varias ocasións tivemos que compulsar documentación, títulos, DNI´s ou outra parafernalia que soen solicitar as distintas administracións, centros educativos e institucións do máis diverso pelaxe sabemos que cada caso é un mundo e que algo aparentemente sinxelo pode facer perder os nervios ao monxe máis tranquilo dunha comunidade Zen. Exemplos varios: No meu concello o servicio funciona super ben e encima gratis. É o sitio ao que sempre recurro salvo catastrofe. Levas o orixinal e a copia ou fancha alí, e compulsan sen máis. Non cobran por compulsar e moitas veces nin sequera por facer as copias. Noutro concello que coñezo é outro mundo. Antes, para empezar, tiñas que ir un día que se levantaran con ánimo de traballar. Con...
Ler máisPersoal informático da Xunta
No último artigo publicado na web da CNT Galiza faise unha interesante análise de como está o tema do persoal informático da Xunta. A vista dos datos é difícil entender que a próxima convocatoria sexa unha consolidación. Ligazón ao artigo completo: Funcionarios informáticos
Ler máis







