
Un tempo atrás o meu servidor caseiro puxo punto e final a súa vida útil. Un servidor armado a base de retais doutras máquinas máis antigas salvo a praca nai e o procesador que foran mercados para tal fin. Bueno, confeso que a caixa tamén fora mercada … un erro como comprovei máis adiante. Unha caixa de servidor de tamaño xigante está moi ben se non vamos ter que mover nunca o equipo de sitio pero, como Murphy é caprichoso, ben rápido descubrÃn o suplicio que é ter que andar arrastrando dun sitio para outro unha caixa que pesa preto de 20 kilos.
Como o tema de estar sen un servidor onde centralizar certos temas me causaba certos inconvintes escomencei a baraxar certas alternativas para sustituir ao meu vello server. A primeira que pensei foi a de mercar un Mac Mini para que fixera esa función. Un cacharro fermoso, pequecho e de moi boa calidade. Esa opción foi tomando corpo cos rumores dunha próxima actualización do Mac Mini que me permitirÃa (supostamente) mercar un Mac Mini da xeración anterior con algunha rebaixa. Tiñao claro ata que un amigo me ensinou un cacharrete chamado eMachines EL1200 por menos de 200 euros.

O eMachines EL1200 é un ordenador de gama baixa pequeniño, ben deseñado e sobre todo barato, que ben aceptabelmente montado para un usuario sen moitas esixencias. Ten un punto feble no que a posibilidades de ampliación se refire e unha non moi grata sopresa que me deu por non lerme con calma as especificiacións.
Outro erro que cometÃn foi o de mercar, a maiores, unha caixa para o disco do vello servidor da marca Conceptronic: menudo cacho de merda en bote. Super ruidosa, con parafusos que se pelan con só tócalos e o peor de todo, imposibel de volver a compoñer unha vez pinchado o disco duro a non ser que sexa a marteladas.

Volvendo ao tema do emachines, cando abrÃn a caixa atopeime co ordenador ben protexido, teclado sinxelo pero bastante mono, un rato de bola !!!, un disco de recuperación do sistema e un par de DVD´s. O primeiro que fixen foi abrilo para verlle a tripas e pincharlle unha tarxeta PCI para a wifi que foi cando me levei o chasco que comentei antes. Se alguén quere unha Netgear por 12 leuros?

Comentar que o eMachines trae Ubuntu 8.04 preinstalado como sistema operativo. A miña primeira idea era a de instalar unha Arch Linux (que era o sistema operativo que tiña ultimamente o server) ou FreeBSD. Pero, por un lado a pereza propia de configurar un sistema operativo e por outra o feito de que na empresa na que traballo se usa moito Ubuntu e Debian decidiume a deixar as cousas como estaban.

Unha vez arrancado o sistema, de facer un update e un upgrade, compartir algunhas carpetas e instalar un servidor de ssh o meu novo servidor esta listo para dalo todo. O funcionamento é fluido e, sobre todo, é moi pero que moi silencioso. Veremos haber canto tempo dura














Últimos Comentarios