Festa celta do Lugnasad 2009
Como é costume o primeiro venres de agosto celebrase en Bretoña a festa celta do Lugnasad. Este ano o venres cae en 7 de agosto. Nesta edición o tema musical estará cuberto polos “Os Tres Trebóns”, o grupo “Gandalf” de Astorga e o grupo asturiano “Taranus” que seguro farán as delicias dos presentes. Coma sempre entre música e conxuro da queimada haberá tempo tamén para o ritual das vodas celtas. As actividades comezarán pola tarde cunha serie de actos lúdicos para os máis cativos e o pistoletazo de saída pola noite será as dez e media da noite. As pallozas estarán ben cheas de comida e de bebida para todos os que se acheguen a gozar da noite celta britoniense en honra ao deus Lugh. Gandalf Os Tres Trebóns Taranus O venres 7 de agosto...
Ler máis







