Monthly Archive for February, 2010

Gruml, lector de rss que sincroniza con Google Reader

Gruml é unha aplicación que permite manexar os rss aos que estamos suscritos no google reader dende o escritorio do noso mac.

O seu uso e configuración é bastante simple. Con só meter os datos da nosa conta de google reader nos descarga a estructura de carpetas que teñamos montada e os corresponentes rss almacenados en cada unha.

A sincronización é perfecta polo que evitamos molestia de ter que ler dúas veces o mesmo artigo según accedamos dunha ou doutra maneira.

Polo de agora é gratuito pero non sei que me da que cando deixe de ser beta tal mude esta situación.

gruml en funcionmento cos meus rss de google calendar

Regalo dous cupóns promocionais de Google AdWords

Por valor de 75 leuros. Serán para os dous primeiros correos que me resposten unha pregunta moi sinxela de coñecementos sobre a segunda guerra mundial ou para ser máis exactos sobre un dos seus protagonistas: Hermann Göring.

¿Cómo se chamaba a residencia que se fixo construir Göring preto de Berlín e porque lle puxo ese nome?

mail: sevegacia [arroba] gmail [punto] com

UPDATE: Cupóns enviados

Arvydas Sabonis

Unha das grandes oportunidades que nos brindou ter en Lugo un equipo ACB foi a posibilidade de ver en directo ao mellor pivot branco da historia. Probablemente o mellor pivot a secas de non ser por esa maldita lesión no tendón de aquiles.

Ese duelo con Petrovic nos 80, esa Euroliga do 95 co Madrid fronte ao Olimpiakos, unha magnifica traxectoria na NBA en Porland e sempre con Lituania e antes coa URSS… sen esquecer o equipo dos seus amores: o Zalguiris.