Monthly Archive for March, 2010

Sony Reader PRS-600

Sony Reader PRS-600

Agora que están tan de moda os lectores de libros electrónicos é complicado tomar unha decisión entre as mútiples alternativas que existen no mercado.

Decantarse por un lector de libros electrónicos pode ser un proceso complexo -eu din moitas voltas antes de decidirme- se non poñemos en claro as nosas necesidades.

Optei polo Sony Reader PRS-600 por dous puntos importantes para min:

1.Prezo do lector de Sony con respecto ao resto das alternativas.
2.Posibilidade de tomar notas e resaltar texto.

Un dispositivo para ler libros electrónicos entoxáseme bastante incompleto se non me permite marcar texto ou facer anotacións igual que nun libro de papel. Sobre todo pensando en úsalo para ler libros técnicos ou de estudo.
Por outra banda, a maior contra do Sony Reader PRS-600 a vista dos comentarios dos propios usuarios son os reflexos da pantalla. Ben, tampouco é para tanto. A realidade é que os reflexos non son tan graves como podera parecer e varí­an moito en función do tipo de luz que teñamos na estancia onde esteamos a ler. Nun ambiente de luz natural lese perfectamente sen ningún tipo de reflexo e con luz artificial usando -por exemplo- unha lampariña no caso de que leamos na cama tampouco se producen reflexos molestos.

A lectura no PRS-600 é tanto ou máis cómoda que nun libro tradicional. O seu peso é mínimo e o seu tamaño adaptase perfectamente a nosa man polo que podemos suxeitalo e pasar páxinas comodamente.
Con este lector de ebooks solucionei un dos principais problemas dos libros: o espacio.

Sony Reader prs-600 comparado con libros

Sobre a dispoñibilidade de mercar libros electrónicos está claro que aquí­ “semos diferentes” polo que o mellor é mercar ebooks en ianquilandia ou tirar dos clásicos sitios onde se comparten libros.

A mellor forma de mercar o Sony Reader PRS-600 é tirar de ebay e buscar un vendedor nos USA que nos permitirá aforrar máis de 100 euros con respecto aos precios que piden por estas terras polo cacharro cruzando os dedos para que os de Correos non perdan o paquete.

Pros:

  • Táctil.
  • Ergonómico.
  • Deseño moi coidado.
  • Permite gardar notas.
  • Permite realizar pesquisas.
  • Fácil de usar.
  • Memoria ampliable.
  • Moi lixeiro.

Contras:

  • Algúns reflexos na pantalla.
  • Escasa memoria interna.
  • A baterí­a dura menos do que di o fabricante.
  • Prezo algo elevado.

III edición festa da bola de liscos e das freces




O pasado 7 de marzo como xa é costume dende fai 3 anos celebrouse unha nova edición da “Festa de Bola de Liscos e das Freces” organizada pola asociación “Amigos da Feira de Bretoña”.
Inauguración da festa da freces
Esta festa, cada ano, vaise consolidando e os seus organizadores incorporan pouco a pouco novidades para dar un toque innovador a cada edición. Este ano engadiron ao xa tradicional das anteriores edicións unha mostra de fotos antigas relacionadas coas xentes e a xeografía britoniense e complementouse a exposición de coches e motos antigas con tractores que nalgúns casos eran autenticas reliquias.

O punto negativo desta edición foi provocado polas adversas condicións meteorolóxicas que tal vez que se retraera algo o número de visitantes. Parece que Maeloc xa ten bastante traballo conquerindo que non chovera na festa celta durante 14 anos.

Polo resto, os actos transcorreron como de costume coa cita previa do sábado para asistir a polbada nocturna e a posterior verbena a cargo da orquestra Venecia que se prolongou durante boa parte da noite.
Maquinaria agricola na festa das freces
Como de costume o día forte foi o domingo -malia que facía un frío de mil demos- con actividades ao longo de toda a xornada. O punto forte -claro está- foi facer a cata das freces e da bola de liscos. É moi recomendábel facer a “ruta baritima” -que me perdoen os da Pontenova polo plaxio- por Bretoña antes do xantar para ir degustando as distintas variedades de freces e bola que ofrecen os establecementos da vila.

Como en anteriores edicións o museo de Villapol -autor da escultura de Maeloc que preside a praza- estivo dispoñible para a súa visita durante boa parte da tarde.

Todo presidido pola intensa presenza de Maeloc que nos observada dende o alto da fonte.
UPDATE: Galería con máis fotos