5 ideas para atraer máis visitas a unha web ou blog

Son cousas do pasado. Atraín visitas con elas en tempos pretéritos. Pode que xa non funcionen. Son técnicas empregadas entre 1999 e 2004 en distintas webs de carácter comercial cando as cousas funcionaban de outra maneira.

1. - Apuntarse a tops: Hoxe non son moi populares pero fai uns anos había milleiros. A cousa é apuntarse a tops pequenos con pouco tráfico para poder aparecer nos primeiros postos sen moito esforzo. Apuntarse a un top con moitas visitas e webs indexadas é unha perda de tempo xa que nin anque enviemos tres trillóns de visitas diarias apareceremos nos primeiros postos. Outro factor é deseñar un banner suxerinte que sempre axuda a pescar incautos.

Se usamos publicidade como adsense ou similar tamén é interesante apuntarse a tops guiris xa que pese a que as visitas non entenderán nin papa sempre poden facer click nalgún anuncio.

2. - Poñer a data da próxima actualización: Poñendo a data na que vamos a actualizar conseguiremos que ese día suban as visitas.

3. - Engadir a nosa páxina web a dmoz.org: Estar incluído en dmoz.org axuda bastante a estar ben posicionado en Google. É bastante importante ser coidadoso co título e a descrición que poñamos en dmoz.org. A parte dmoz.org serve de base de datos a ducias de directorios.

4. - Intercambiar enlaces con páxinas de temáticas similares a nosa: Obvio, pero o egoísmo de moitos webmaster fai que sexan incapaces de ver algo tan claro.

5. - Contido de calidade: A máis importante. Fará que teñamos visitas recorrentes. É tamén a máis difícil.

Hai milleiros de ideas máis pero xa haberá tempo para comentalas.

Technorati Tags:


Sobre esta entrada