100% nada no baldeiro sideral
20 May
…
- Así que vas a facer unha casa?
- Si. Xa temos o terreo. Só nos falta a licenza para empezar a obrar.
- Logo cha darán. E despois a por ladrillos!
- Non te creas. Xa fai moito tempo que a solicitamos pero está todo paralizado …
- E logo?
- Nah, parece que algún peixe gordo está preparando un pelotazo urbanístico-especulativo e os do concello estanlle a preparar o terreo. Xa sabes, un pon o carallo e outros poñen a vaselina.
- Que cabróns!
- Isto estache montado así. Mellor calar e mirar para outro lado, que o que se move non sae na foto.
- Non o entendo. Especular neste concello de merda que somos catro gatos? Non vexo eu moito negocio.
- Desengánate que aquí, o máis parvo fai reloxos.
- Merda de país!
- Supoño que entendes agora porque tódalas mafias do mundo se instalan aquí. Están coma na casa.
…
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
2 Respostas para "A casa, o especuador e o concello"
Acabo de enlazar o teu microrrelato. Estiven vendo si tiñaas trackbar desas… mais como non encontrei engado este comentario… por iso de segui-la conversa.
Gracias polo comentario. Máis ca relato é unha conversa verídica dramatizada sobre uns feitos acontecidos nun Concello. Por desgracia o Textpattern non soporta TrackBacks
Algo que comentar?