- Así que vas a facer unha casa?
- Si. Xa temos o terreo. Só nos falta a licenza para empezar a obrar.
- Logo cha darán. E despois a por ladrillos!
- Non te creas. Xa fai moito tempo que a solicitamos pero está todo paralizado …
- E logo?
- Nah, parece que algún peixe gordo está preparando un pelotazo urbanístico-especulativo e os do concello estanlle a preparar o terreo. Xa sabes, un pon o carallo e outros poñen a vaselina.
- Que cabróns!
- Isto estache montado así. Mellor calar e mirar para outro lado, que o que se move non sae na foto.
- Non o entendo. Especular neste concello de merda que somos catro gatos? Non vexo eu moito negocio.
- Desengánate que aquí, o máis parvo fai reloxos.
- Merda de país!
- Supoño que entendes agora porque tódalas mafias do mundo se instalan aquí. Están coma na casa.