Teño que confesar que fai anos que non merco nin leo un xornal. Toda a información que preciso atopoa na rede e poido contrastar distintas versións tan só con visitar distintas webs ou blogs; supoño que ista é unha das razóns polas que parece que non interesa eliminar a fenda dixital en Galiza: a información é liberdade. A liberdade é a antítese do caciquismo: en Galiza inventouse o caciquismo.

Centrandome no tema, fai uns días estando nunha casa allea aburrido coma unha monxa nun streptease caeume nas máns un suplemento do diário “El Progreso” chamado “A Chaira” con novas sobre a Terra Cha. Recoñezo que non sabía que existía este suplemento (do Progreso o último que souben é que é o segundo xornal que máis leitores perde en Galiza) asi que me puxen a votarlle un vistazo con certa curiosidade. Non lembro casa nada, salvo algun artigo sobre listas eleitorais e tal e tal. Pero chamaronme poderosamente a atención duas cousas, non por inesperadas; engado.

O suplemento “A Chaira” estaba escrito en castelán (non lembro se había artigos en galego) cando na comarca da Terra Cha atrevome a aventurar que máis do 95% da poboación ten o galego como a língua materna e de uso cotiá.

A segunda cousa que me chamou a atención foi unha publicidade dunha empresa que está nunha vila onde o 99% dos seus habitantes falan galego e o restante 1% fala romanés, árabe e castelán que tamén estaba en castelán.

Estas duas cousas deixaronme bastante triste e cunha dubida que agardo resolver: ¿Os xornais en Estonia publicaranse en ruso ou en estonio?

Technorati Tags: