Agora que estamos nos días do alcatrán calquera máis ou menos espilido pode ver que o gran problema para o futuro da Galiza rural é a total falta de infraestructuras. Algúns pensan que infraestructuras é igual a estradas: triste pero certo. Na era da indrustrialización isto era parcialmente certo; na era da información isto é un aberración e unha falacia.

A Galiza rural ten cando menos 10 anos de atraso con respecto as zonas urbanas o que fai que unha xeración completa de mozos e mozas abandoe o rural para facer a súa vida nas cidades: é normal.

O tema das novas tecnoloxías é un caso sangrante sobre todo despois de ter que soportar como Telefónica se ría de todo o mundo implantado o seu famoso ADSL rural, que nin é ADSL nin conas, con cartos da Unión Europea sen que ningún poder público nen púbico dixera nin pio.

Un programador, deseñador gráfico, webmaster, SEO,… podería desenvolver o seu traballo prácticamente en calquer parte do mundo simplemente con dispor de banda ancha e un ordenador, e dicir, podería quedar no rural e facer o seu traballo sen ter que marchar. Obviamente aquí falla algo; os encardados de suministrar a banda ancha son unha empresa privada (que me cae fatal) ós que catro gatos do rural importanlles un carallo e os poderes públicos locais non teñen nin ganas nin vontade de cambiar algo que nin de lonxe comprenden. O rural queda pola desidia duns e outros aillada do mundo dixital o que supón unha perda de oportunidades para os seus habitantes, e unha sentenza de morte para o seu futuro (a partires do 2013 veremos se é certo ou non).

Outra falla sangrante son as bibliotecas públicas no rural que foron obxeto dunha reportaxe en “El Progreso”. Obviamente este xornal recalcou o gran avance e a gran dotación de material e tal e tal destas instalacións. A realidade é algo distinta para desgraza dos aficionados a lectura. Se ven existen bibliotecas no rural cunha oferta destacable, temén é certo que nalgúns casos o funcionamento destas resulta cando menos patético, por non dicir outra cousa. Moitas veces 2 + 2 son 5 por obra e gracia de Santa Base de Enchufe.

En moitos casos tentar acudir a unha biblioteca é máis complexo que compliar un kernel from scrach. Persoalmente, despois de ir en tres ocasións a un destes templos do saber e atopalo pechado pese a que polo horario debería estar aberto: avandoei. Polo de agora teño suficiente coas bibliotecas dixitais onde non hai que agardar tres horas a que termine de tomar o café, facer as compras e dar un paseo o encargado. Os que teñen aínda os TRAC rurais na casa non teñen tanta sorte coma mín.

Está claro que España non é Corea do Sur e Galiza moito menos (refirome as conexións de 100 Mg do país asiático; que puta envexa me da) pero dotar de infractucturas para o desenrolo tecnolóxico do rural non é caro e só a falla de vontade política explica que moitos cidadáns de Galiza non poidan facer cousas tan sinxelas como ver vídeos en youtube.com, apuntarse a cursos de teleformación, optar polo teletraballo, facer vídeo conferencias, ver páxinas pesadas, descargar ficheiros, compartir no emule, e un largo ecetera … tal vez a próxima xeración… tal vez…

Technorati Tags: ,