A miña vida en oposicións
Non é mal título para unha serie de televisión
Fun a unha oposición a unha lonxana cidade galega gobernada con puños e flores onde xogaba un gran equipo de fútbol. Pasei calor, esperei durante horas, fixen o que puiden. Non se dignaron en contestar as reclamacións. Dixen: outra vez será.
Fun a unha oposición a unha vila pequena no medio da terra para ser laboral. Pasei frío, esperei durante minutos, fixen o que puiden e aguantei a cheirume da bula das vacas. Aprobei. Era un exame doado, pena que os únicos puntos que teño eu son de sutura. Quedei sen traballo. Dixen: outra vez será.
Fun a unha oposición, meses despois, a unha vila pequena que xa coñecía para ser funcionario. Pasei frío, esperei demasiado, fixen o que puiden pero eu non era de Boqueixón nin tiña o carné que o vello dinosauro me pedía para entrar. Dixen: outra vez será.
Tentei ir a unha oposición nunha Deputación na que se come polbo e se vai o xulgado pero non puiden ir por que so avisan a quen debe de ir. Dixen: que vos dean Deputación hasta que estoupedes con ela.
Fun a unha oposición a unha universidade prestixiosa ou iso din. Non pasei frío, esperei coma un cabrón. Descubrín que as regras sometes son para os parvos. Foi tan fácil, que sei que fun a nadar para afogar na beira da praia atragantado a puntos. Dixen: Isto está montado así.
Fun a unha oposición a unha vila pequena no medio da terra. Xa non había dinosauro nin precisaba estar empadroado nun Concello especial nin levar un carné. Non fun capaz de completar o camiño e quedei na metade. Dixen: A culpa foi miña.