Fixose eco a Cadena Ser, revistas, e supoño que outros medios. Chega a moda da Segunda Guerra Mundial… As librarÃas están cheas de novelas, ensaios, biografÃas, documentais, DVD’s, coleccións por fascÃculos…
Antes foi a moda pola Idade Media e a relixión: templarios, cátaros, inquisición, Dan Brown, misterios relixiosos e toda esa parafernalia.
Non sei moi ben a que se debe esta nova moda sobre a segunda guerra mundial. Supoño que alguén empezou a ver o filón comercial que supón a historia unha vez que que se lle quita todo o berniz académico e a natural tendencia da xente por todo o violento e oculto.
As figuras e eventos máis importantes da segunda guerra mundial creo que xa foron tratados ata a saciedade ,co que, salvo que se traten baixo un formato moi distinto ou revolucionario, Rommel, Hitler, Stalingrado, NormandÃa, Stalin, Von Paulus, as SS, a guerra no pacÃfico, a guerra submarina, …non dan máis de si.
Tamén creo que hai filóns que están aÃnda sen ser moi explotados ou que si admiten novas versións ou revisións a luz da documentación que se foi desclasificando e da que apareceu co desmenbramento da Unión Soviética. Os novos datos sobre a batalla de blindados máis grande da historia (Kursk), a historia dos pilotos alemáns máis destacados como Hans Rudel, a fundamental participación dos servicios secretos británicos para a derrota de Alemaña, as verdadeiras razóns que fixeron a Rudolf Hess voar a Gran Bretaña, a misteriosa morte de Hess, o razón pola que as bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki eran tan diferentes, que aconteceu coa tripulación do submarino U-234, os botÃns de guerra tanto dos nazis como dos aliados, a ocupación xaponesa de Singapur, os “corsarios” alemáns no pacÃfico e no Ãndico,…














0 Responses to “A nova moda: Segunda Guerra Mundial”