A Pastoriza online; vai ser que non
Buscando por curiosidade en Google e Yahoo cousas sobre A Pastoriza un dáse de conta de que practicamente non existe información sobre este concello na rede salvo a web de Sixto Andión que xa ten os seus aniños na rede.
O único que din atopado foi unha web Pastoriza.net en construcción que polo que vin no Whois leva así dente fai anos. O caso e que nin sequera atopei un correo electrónico para comunicar co concello; de web municipal xa non falamos. Case que mellor, porque seguramente no caso de existir sería unha web estática realizada por algunha empresa de vividores cobrando varios miles de euros pola súa realización máis un pago periódico polo mantemento. I é que nesto dos profesionais do deseño web haiche moito espabilado.
Tamén é complicado que haxa webs falando de Pastoriza porque aquí a finais do 2006 seguimos sen dispoñer de conexión de banda ancha, non é que vivamos nas cavernas como me dicía ironicamente un amigo canario pero case, case. Preguntome onde irían parar as subvencións que deu a Unión Europea para o ADSL rural, que por certo, non deixa de ser un timo de estos golfos de Telefonica para enganar ó personal.
Agora estás a ler “A Pastoriza online; vai ser que non”, unha entrada en Seve
- Publicada:
- 30.08.06 / 8pm
- Categoría:
- Reflexións
- Tags:
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

