Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
7 Nov
España sempre figura nos primeiros postos en canto a productividade dos traballadores…empezando por abaixo.
Antes de criticar aos demais é mellor criticarse a un mesmo.
Alterno xornadas altamente productivas con xornadas de productividade escasa. Son productivo cando teño que facer algún traballo e me din que ten que estar para onte. O resto do tempo fago as cousas para que estean rematadas no prazo previsto e punto.
Teño claro que os meus hábitos e os dos meus compañeiros de traballo determinan a nosa productividade. Velaiqui os meus hábitos diarios:
Son puntual na hora de entrar a traballar. Empezamos as 8 da mañán e as 8 estou no meu posto de traballo. A partir de aquí todo tende a lei do mínimo esforzo.
De 8 a 8 e media a tendencia natural é a de revisar o correo, leer as noticias e a maiores no meu caso darme unha volta por NBA.com para ver os resultados dos últimos partidos e dar unha ollada rápida a Cyberdunk haber que tal xogou o meu equipo virtual, cantos rebotes colleu Mana Zas e se Mutombon Bob consegue que o meu equipo deixe de perder case tódolos partidos. En resumo: media hora de productividade 0.
A partir desa hora, menos alguén que pode estar en modo off por dormir pouco ou porque a resaca apreta, empezamos a producir alternando cada x minutos coas búsquedas máis parvas no Google que sempre se me veñen a mente xusto cando estou disposto a poñerme coa tarefa máis díficil.
O primeiro descanso na xornada dura uns 10 minutos que sempre procuramos alargar hasta os 15. A partir dese descanso temos/teño un par de horas nas que se traballa ben salvo polas incidencias típicas de traballar con ordenadores: reiniciar o windows que se quedou frito, cuelgues de aplicacións e pijadillas varias. Esta fértil sesión productiva é oportunamente cortada por un descanso de 30 minutos que aproveitamos para tomar unhas cañas, laretar e zampar pinchos no bar de enfrente. Este descanso é un punto de inflexión; se no que vai de mañá non fixemos nada é bastante probábel que no que resta de día a tónica sexa a mesma. Pola contra se estivemos traballando procuramos seguir traballando para ter todas as tarefas pendentes rematadas antes do último descanso de 10 minutos (a 1 e media).
De 2 menos cuarto a 3 un procura rematar as cousas máis urxentes alternando pequenos momentos de navegación. A última media hora de traballo tende a ser como a primeira; correo, novas, … salvo que haxa tarefas urxentes por rematar.
O principal distractor da xornada laboral é sen dúbida internet. Se non tivéramos internet seguramente faría nun día o que fago en tres. Por outra banda internet é unha ferramenta de traballo fundamental para as nosas tarefas co cal estamos nun círculo vicioso. O que si fixen foi limitar ó mínimo as webs que visito, procuro non visitar ningunha web de novas en xeral (estou farto de atentados, políticos, guerras, sucesos, …) e perder o tempo só con webs con información que realmente me interese.
Como descargo direi que cando nos calcan traballo de verdade nin me lembro de mirar o correo e moito menos de vistar as webs de turno e que prefiro estar agobiado polo traballo que estar papando moscas diante do monitor. As mañás pasan moito máis rápido. A parte, desfruto co que fago.
Technorati Tags: productividade
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Unha Resposta para "A rica productividade"
Como compañera,no estoy conforme.Se no fuese por Seve,muchos problemas no los solucionaríamos,él esta ahi siempre que lo necesitamos,sin una mala cara, y con la sonrisa siempre en boca,es el que más trabaja y sin duda se merece lo mejor.Sigue siendo como eres,no cambies nunca.
Algo que comentar?