A xente pasa da política como da merda en bote
Despois dos datos de participación no referendo do Estatuto de Andalucía no que non se chegou nen tan sequera a un 37% de participación queda claro que o cidadán da rua pasa dos políticos e da política largamente.
Incluso nunha comunidade como Cataluña o novo estatuto foi aprobado cunha participación inferior ó 50%.
¿Qué pasaría en Galiza? Na votación do actual estatuto galego foron a votar, falo de memoria, un 26% dos galegos con dereito a voto. Tres de cada catro galegos pasaron de votar o actual estatuto (eran outros tempos, sobre todo aqui). ¿Habería unha porcentaxe maior de participación no suposto de ter que votar un novo estatuto?
¿Debería ser obrigatório votar nas consultas populares como ocorre nalguns países? Neste caso, ¿Cal sería a porcentaxe de votos nulo ou en branco que se darían? ¿Pasaría como nas eleizóns a delegado de clase e sería Mortadelo presidente do Governo e Filemón presidente da Xunta?
Creo que vistos os casos de corrupción que salpican a tódolos partidos diariamente e que ultimamente están a sair é claro que a xente está hasta os adornos de Nadal de que toda esa panda de mequetrefes os estea a roubar e a estafar diariamente, cando non a dar bochornoso espectáculos nas Cortes e Parlamentos autonómicos e encima teñan despois a jeta de birles a pedir ós cidadáns que cumpran co Santa Santorum da democracia.
Hai unha frase que define perfeitamente as democracias modernas e que vin na rede “A democracia son dous lobos e un cordeiro decidindo que se come”.
Sobre o tema da corrupción e a política o que me sorprende é saian a luz tan poucos casos de corrupción (un ou dous por día) nun país tan grande e con tanta costa. É que sobre todo no eido local, co panorama que temos, pensar que un alcalde ou concelleiro non está metido en trapicheos vários, corruptelas, tráficos de influencias e como crer que os nenos veñen de Paris nas Aeroliñas A Cegoña.
O colmo xa é usar a abstención para atribuirse vitorias partidistas e de arma arroxadiza do inimigo político de turno.
Caso digno de estudo sociolóxico fora o do referendo para a Constitución Europea; un mamotreto infumábel feito por e para a consolidación do capitalismo máis salvaxe en todo ese ente burocrático coñecido humorística-mente como Unión Europea. ¿Canta xente que foi a votar leu realmente ese tocho? Este debe ser o único país do mundo onde a xente vota cousas que non leu e asinar documentos sen ler a letra pequena: por iso aqui os bancos obteñen beneficios do 50% anual.
¿Perder unha hora de domingo en ir a votar? Difícil o poñedes representantes do…
Technorati Tags: corrupción, eleccións, política, referendo