Acheganse as eleccións locais, notase no aire

Notase, notase, é coma se fora un segundo Nadal pero sen cabalgatas nin tipos gordos vestidos de vermello montados nun trineo. Neste caso os papás Noél levan traxe e garabata e venden a súa mercancía o mellor que poden ou saben.

Certo, non están rúas cheas de luceciñas de cores nin árbores de Nadal pero o ambiente é similar: mercantilismo puro. O Carrefour non abre os domingos pero as casas dos candidatos si. É un bon momento para dicir "Qué hay de lo mio!".

O fulano que durante catro anos nin sabía quen eras ven agora agarimoso a darche a man, con sorte tamén un caramelos e un chisqueiro "Non, non, se eu non fumo!". Os máis listos ou os menos escrupúlosos, que a estas aturas xa me costa distinguilos aproveitan para sacar unha placiña no concello de turno para a filla que non deu acabado a carreira de dereito; outros van a cantarlle a panxoliña ó candidato "Recalificame, recalificafe, por  la madre de Dios y por la Virgen María…".

Que fermosas son as eleccións, con toda esa luz, esa transparencia, esa sana democrácia. Eses veliños ós que lles arranxan os votos. Vendita democracia, que como dixo alguén "A democracia son dous lobos e un cordeiro decidindo que se vai comer". Vendita democracia!

Neste período preelectoral, non hai nenos que canten contores pero si candidatos cantantes soltando a súa letanía. Que fermosas! Que ben se escoitan na radio! Que ben anda ese coche de luxo polas pistas sen asfaltar dende que Franco era cabo! Xa sabemos porque se vota un pouquino de alcatrán aquí e acolá antes das eleccións: E para que o candidato che poida traer o voto sen escarallar o seu Mercedes de 15 quilos.

Que maravilloso ese ambiente de paz e amor que precede as eleccións!

2 comentarios a “Acheganse as eleccións locais, notase no aire”

  1. tronco Diz:

    Si que se nota no aire, sobre todo no cheiro a alquitrán

  2. prozac no prescription Diz:

    buy prozac online…

    ilibif bkoido…

Deixe un comentario