O luns comezo un curso de administración de sistemas Linux no CEI,  non sei se vai servir para algo pero por facelo que non quede. Gañas e interese non me faltan.

Tamén tiña a idea de facer un sección sobre Slackware Linux no blog cuns cantos HOW TOs sinxelos coas solucións que vou atopando ós meus problemas diarios con esta xenial distribución pero o non ter PC polas noites nin ADSL (nin de día nin de noite) como que me quita as ganas. Non hai moita documentación sobre Slackware en castelán, salvo un par de comunidades de Slackwareros de América do Sur. En portugués si que hai algo máis de actividade, no Brasil claro.

O tema da implantación do ADSL na Terra Cha ten miga, mentres so traballe un de cada catro traballadores da Timofonica a cousa demorase. Os funcionarios probablemente sexan o único animal capaz de almorzar cinco veces na mesma mañá, pero os traballadores que están traballando na implantación do ADSL por aquí serán unhas das poucas persoas que son capaces de botar unha sesta as once da mañá.