Anecdotario da festa celta 2010

Anecdotario da festa celta 2010

oFonte do tesouro Bretoña
paso do tempo, case un mes, é momento de facer un pequeno balance do que foi a Festa Celta do Lugnasad 2010 no referente a anécdotas e actos pintorescos que pasan desapercibidos para moitos pero que lle dan a isto das celebracións espontáneas de natureza festivaleira o seu carácter e razón de ser.

Por moito que se poida dicir sempre van a quedar as cousas máis hilarantes e divertidas no tinteiro por fala da memoria ou vergoña de contalas. Sexa este pequeno resumo: a punta do iceberg.

1.Camisetas e cartel – Por difícil de que sexa de crer tres semanas antes da festa celta nin tiñamos deseño para as camisetas nin para o cartel. Unha serie de imponderables propios dun filme de Mel Brooks facían que sacaramos o plan Z do baúl para solventar este imprevisto. O cartel foise apañando -e, por certo, ben bonito- unha semana antes do Lugnasad. O fin de semana antes da festa unha serie de nativos britonienses adicáronse a pegar carteis por voa parte da mariña ata esgotar o papel. Foi cando nos demos de conta que 500 sempre é mellor que 300. A Lugo non chegaron carteis ata o martes (tres días antes da festa) e moi contados porque nos quedaban menos de 20. Como teño comentado en varias ocasións; as xentes de Bretoña somos afeccionados a traballar baixo presión. Senón non presta igual. Non é o mesmo. As camisetas chegaron a Bretoña o día antes da festa. Non esta mal. En outras edicións pasadas teñen chegado o mesmo día da festa. Neste punto é importante resaltar que pedimos as camisetas de muller azuis e con tirantes e as de home cor chocolate. Recibimos unhas camisetas de muller de cor marrón claro e con mangas e unhas fermosas camisetas de home de cor marrón escuro pero non chocolate. Imponderables da vida!!
2.Son – Digamos que se nos presentou a oportunidade de optar a unha amplificación máis potente da que normalmente tiñamos. Neste caso unha empresa de amplificación da que non darei datos identificativos nos tentou de convencer de tódalas as súas bondades. Este era un caso para noso experto negociador que tras unha larga conversa con esta empresa quedou convencido das súas bondades. Ao final picamos. Contratamos a nova empresa de amplificación que quedamos tan panchos ata que a 15 días xustos da festa nos chama o fulano da amplificación para dicirnos que pasaba de nós. Menudo marrón. Que profesionalidade!! Menos mal que puidemos voltar a votar man da empresa que facía a amplificación anos anteriores non sen traballos.
3.Vodas celtas – Este ano estreamos druída con bastante éxito o cal fixo que todo transcurrira máis ou menos placidamente salvo pola escaseza de persoal (guerreiros) que fixo que a media hora de iniciar a representación das vodas celtas nos faltara unha persoa para levar o estandarte. Esa foia a miña. Por primeira vez dende que se fai a festa tiven a oportunidade de presenciar o rito das vodas celtas en primeira fila ademais de comprobar o incomodo que é de levar o estandarte sen tropezar ou pegase unha hostia de tres pares.
4.Conxuro da queimada – Normalmente cando a queimada está preparada hordas de “celtas por un día” tíranse a por un grolo de queimada gratuíta bebéndoa, en moito casos aínda ardendo. Xurdiron algúns fallejos nesta edición que fixeron que só os máis celtas do lugar se animaran a repetir un copazo de queimada. Entre eles compre destacar a desaparición do azucre para a queimada que posteriormente aparecería a altas horas da madrugada. Unha queimada sen azucre xa se sabe: tira para atrás. Outro aspecto foi a cantidade de veleno que se lle meteu a queimada. Con veleno estoume referindo a café; non pensemos mal. Máis que queimada saíunos un estupendo licor café ben quentiño. Pese a todos estes imprevistos tampouco é que sobrara moita queimada.
5.Colocación dos indicadores – Unha tradición inseparable do Lugnasad é a noite antes a poñer os indicadores na estrada. Catro dos mellores britonienses que formaban un comando foron os escollidos. Unha vez requisada unha furgoneta para tan magna tarefa dividímonos en dous grupos e procedemos coas operacións especiais de chantado e clavado. Deixarei os detalles humorísticos para outra ocasión e centrareime no grave. Cando xa estabamos a punto de rematar, só falta colocar o sinal na Cruz da Cancela, case temos un desgusto dos gordos por unhas vacas que atravesaron a estrada e provocaron un accidente gordo do que tanto os que iamos no coche diante como os que viñan na furgona atrás libramos por cuestión de segundos. Unha parella non tivo tanta sorte. Por fortuna non houbo perdidas persoais. Ao final a misión foi cumprida con éxito e varios fermosos indicadores deron a benvida aos asistentes ao Lugnasad de Bretoña.

11 Comentarios

  1. Josefina
    Ago 25, 2010

    Yo! Is it okay if I go a bit off topic? I’m trying to view your page on my iPod Touch but it doesn’t display properly, any suggestions? Cheers! Josefina

  2. Óscar
    Ago 25, 2010

    Meu, nin que nos puxeramos de acordo para publica-lo mesmo día… eu tamén colguei hoxe catro liñas sobre o Lugnasad. Tamén teño un álbum de fotos na galería, creo que coñecerás a alguén por alí.
    Ah, por certo, eu SI publicaría o nome da ¿empresa? que vos deixou tirados. Polo menos que outros se o len, non piquen.
    Xa che mandarei un correo, quería preguntarche un par de cousas e mandarche algo que teño para ti. Polo demáis, foi un pracer asistir e participar na medida do posible, aínda que só fose para facer bulto. Unha aperta, sigo a lerte…

  3. TimofejKulikov
    Ago 26, 2010

    Игры, тимбилдинг, командообразование.

  4. GEMA
    Ago 28, 2010

    Hola Seve:
    Somos la pareja de Huesca que se casó en el Lugnasad del año pasado.
    Por lo que cuentas, este año os han ocurrido un montón de anécdotas en la preparación de la fiesta.
    Menos mal que, al final de todo, para la fecha todo os saliera perfectamente como de costumbre y que pudierais solucionar lo del amplificador. (Menuda faena os hicieron)
    Me alegro de que salierais airosos del accidente con las vacas y no os pasara nada grave.
    Me he reido mucho cuando cuentas lo de la queimada y lo del estandarte. Y, el druida nuevo ¿que pasó con Chema?
    La verdad es que organizar una fiesta de tal envergadura lleva mucho trabajo que mucha gente no valora lo suficiente.
    Muchos ánimos y a seguir trabajando por una de las fiestas mas chulas y originales que se celebran en España.
    Saludos y un beso para Milagros, nuestra «celestina»

  5. Seve
    Ago 31, 2010

    @Oscar – perdón hoxe empezo a mirar cousas que levo unha semana sen tocar o ordenador. Ben deitamos de tí para cubrír o cupo de guerreiros. Agora miro o que puñeches na web. Saúdos.

    @Gema- gracias por tus palabras, sólo son unas cuantas anécdotas, hay unas cuantas más para poñer en otra ocasión. Con respecto al druída decidimos que la mejor opción era tirar de alguien vinculado a la asociación cultural y a la fiesta. Saludos.

  6. Soccer Gear
    Set 12, 2010

    In related news, Tiger Woods always gives 110 percent. That is why he gave 100 percent to his wife and still had 10 percent left over for his alleged mistress.

  7. wzxkxisw
    Set 17, 2010

    Free wordpress themes for your blog dmyrthxt

  8. asdf
    Set 26, 2010

    i am addicted to farmville

  9. weighty
    Set 27, 2010

    gonna send this to my mom

  10. download movies
    Out 17, 2010

    STOP REMOVING OUR LINKS!!!!!!!!!!!!!!!!

  11. Urge for your dreams and you’ll hate faith