Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
3 Jul
Como dixen, vamos facer unha pequena crónica deste glorioso fin de semana que acabo de pasar.
“Las oposiciones son como una caja de bombones, nunca sabes por donde te la van a clavar” – Forrest Gump Opositor
O primeiro día
Saída as 6:00 da casa. O final vou cuns amigos e líbrome de ter que ir no meu chatarra-SEAT. Saímos tan cedo porque, entre a distancia, a estrada chea de curvas e máis curvas, a néboa que nos acompañou durante case 100 km, a operación saída, o novo carné por puntos, … mais vale previr e tómalo con calma. Chegamos ao recinto feiral a iso das 8:15, xa hai algo de ambiente, pouco iso si. Como xa sabía porta que me ía tocar tiramos directamente para o bar no que estamos de contos. As colas para mexar son quilométricas sobre todo para as mozas. Os mozos temos o panorama urinario máis despexado. As 9:45 encamiñámonos a miña porta.
10:00, hora H. Abren as portas e empezan a chamar, dígolles ós meu colegas que marchen. Ocorre o de sempre, estamos todos apelotonados como animais para o matadoiro, os nervos afloran, a tensión disparase. Dou entrado, un garda de seguridade pásame o pínganillo haber se levo armas de destrucción masiva ou móbiles ou algún artiluxio ultrasecreto para copiar. Non debe ser moi eficaz porque na anterior convocatoria non deron pillado a ningún dos da “Conexión Boqueixón”.
Estou dentro, son as 10:30, unhas amables mozas dinme onde me teño que sentar. Canto tempo sen ver selas verdes de chiringuito! A xente pouco a pouco segue a entrar. Pasa o tempo. As selas son incomodas de carallo. A xente termina de entrar, pasmamos uns para os outros, segue a pasar o tempo. Unha voz de ultratumba di que se pechen as portas.
Encomeza o parrafeo en galego-madrileño, bla,bla,bla, a folla cubrese asín, bla,bla,bla, olliño con copiar, bla,bla,bla, exame en galego pero en castelán tamén, bla,bla,bla, …
Procedese ó sorteo do exame, sae o B. Os coidadores empezan a repartir o maná do futuro traballo na administración. En galego, en castelán, en galego, en castelán, en galego, en castelán, en castelán, en castelán, en castelán. Gaña o castelán.
Empezamos o exame. Nese intre xa teño o traseiro como se viñera de facer o camiño de Santiago a cabalo. Empezo a contestar, puff, menudo exame, non é fácil precisamente, o tempo (90 minutos) chega de sobra. A xente empeza a desfilar bastante antes do que eu pensaba. Paso de repasar o exame, a estas alturas teño a cabeza como se tivera dentro ós Mojinos Escocios dando tralla. Entrego o exame cando faltan 10 minutos. Fora estame a esperar os meus compañeiros que se deleitan con algunha beleza que pasa por alí. É a 1:30, tiramos para a casa, maña será outro día.
O segundo día
Saída as 6:00 da casa. Hoxe levo eu o meu chatarra-SEAT, teño que pasar a buscar a miña moza que tamén se meteu nesto da subalternía. Rezo para que o coche non se escaralle polo camiño, non o poido pasar endexamais de 2.400 revolucións porque senón salta a válvula N75 e o coche queda con menos potencia ca un triciclo.
Outra vez néboa todo o camiño, vixiando o contarrevolucións. Chegamos sobre as 8:35, aparcamos en teoría onde no podemos aproveitando que o vixilante está despistado ou pasa de todo. Menudos carros teñen os coidadores!
O primeiro que facemos e ver a porta onde lle toca a miña noiva, despois tiramos para a cafetería tomar unha bebida quente. Avisada co tema das colas urinarias aproveita un momento de baixa densidade para zanxar o tema.
Das 9:00 en diante adicamonos a dar voltas o redor do recinto, saudar algún coñecido e falar. As 9:45 estamos na porta que lle toca a ela, cando a abren e empezar a chamar diríxome cara a miña. Na miña o batiburrillo de sempre, o chamador non é que berre moito e é difícil seguir o chamamento. Entro, o mesmo garda de seguridade do día anterior repite o mesmo procedemento. As mesmas amables coidadoras indícanme o meu asento. Unha delas deséxame sorte, supoño que me viu cara de non ter ningunha posibilidade ou se deu conta que estou máis nervoso ca Quique Sanfrancisco sen cervexa. Ai está outra vez ese instrumento de tortura para o traseiro, esa miserable cadeira verde de chiringo cutre de praia.
Toca esperar, termina a xente de entrar, dáse a orde por megafonía de pechar as portas, comeza de novo unha letanía de instruccións. Este sabe falar galego. No sorteo sae outra ver o exame B. Existirá realmente o exame A? Isto é un caso para que o investigue Friker Jimenez.
Os coidadores, coma no día anterior comezan a repartir o exame, ,en castelán, en galego, en castelán, en galego, en castelán, en castelán, en castelán, en castelán. Gaña de novo o castelán.
Comeza o tempo, este exame é máis sinxelo ca o do día anterior. A nota de corte vai estar polas nubes; penso. De novo sobra o tempo, a xente empeza a marchar ós 25 minutos. Eu remato cando quedan uns 5 minutos. Fora xa me espera a miña moza. O baños ateigados de novo de xente, preferimos parar en Lalín a tomar algo e mexar sen presas. Paso de esperar deica as 3 da tarde para opter a folla de respostas. O conchaveo da Xunta co sector hostaleiro da zona non vai comigo, xa me foderon dabondo cando paguei as taxas.
P.D: Se aprobo algúns dos exames contarei como son as probas de informática e/ou os psicotécnicos.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Unha Resposta para "As oposicións da Xunta ou dos Monty Python?"
Por certo, nos segundos exames, se chego a ir, onde o tempo prima sobre calquera outro factor creo que me decantarei por pedir o exame en castelán por esta razón: http://galegolandia.blogspot.com/2006/07/mis-sobre-as-opos-e-lingua.html
Algo que comentar?