Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
17 Sep
Foi moi divertido: iso é bo. Cando pensei que xa o vira todo non mundo das oposicións, ZAS! pasa algo que te deixa pampo. Son as cousas bonitas da vida: as sorpresas.
Resulta que este sábado aproveitando que era fin de semana, que o Miño anda baixo de caudal e que xa pagara as tasas fun dar unha voltiña por Santiago e de paso facer un exame dunhas oposicións de Auxiliar Técnico de Informática convocadas pola magna e insigne institución coñecida por propios e estraños coma USC.
Despois do pao que me levei co exame de psicotécnicos da Xunta, que me saíu mal a mais non poder estiven uns días un pouco baixo e pensei en pasar de ir facer o exame para a oposición de ATI da USC, máis que nada por non ter nin temario, nin ter estudado nada. O final decidinme a ir. So tiven o tempo suficiente para mirar algo do convenio colectivo do persoal laboral e os órganos de goberno da USC. Lástima que non puñeran nada nin deso, nin de constitución, nin de moitas outras cousas.
O caso e que despois do chamamento de rigor e dos nervos que iso conleva para un asocial agorafobico co ego do tamaño do Titanic, fómonos sentado neses cómodos pupitres dos que dispoñen os futuros lideres do país mentres están na súa etapa de formación ou adoutrinamento, como prefirades. Como coño esperan que alguén mais alto ca un gnomo se dea sentado nesas selas é algo que terían que investigar os de Milenio 3.
Nun principio a cousa tiña bastante boa pinta en canto a tema de organización, salvo tal vez polo amontoamento de xente e o pouco espazo que che da o ter unha persoa por un lado e outra por outro sobre todo cando un deles che esta a meter durante unha hora os seus folios nos morros. Catro exames distintos, quero dicir, iguais pero cas preguntas cambiadas de sitio para dificultar a copia. O truco era localizar alguén na ringleira de abaixo que tivera o exame da mesma cor para poder calcarlle a plantilla. Eu como teño un ego desbocado xamais copiaría porque dubido da intelixencia dos demais. Durante o transcurso da proba descubriría que para copiar na USC non se hai que tomar tantas molestias.
Todo empezaba ben. O paisano que nos leu as instruccións tiña unha voz agradable,foi simpático e claro coas instruccións. Todos sabiamos dende un principio que o exame ía ser facilón para que pasarán tódolos traballadores da USC, as preguntas non restaban é so había tres respostas entre as que escoller. Eu nin ninguén fomos enganados nese aspecto.
Empezamos o exame. A primeira sorpresa foi que as preguntas están en papel reciclable. Ben pola USC. A segunda pregunta foron as preguntas en si. Se tivéramos que cualificar a dificultade do exame de cero a dez; sería de cero. Tendo en conta que o persoal da USC tivo cursos e un temario para preparar este exame, non creo que ninguén deles falle máis de dúas ou tres preguntas. Eu a estas alturas nin me molestei en corrixilo, pa que! Ben, pese a sorpresa das preguntas o exame desenrolábase con normalidade ata que TACHAM! empezou a soar un móbil. Nunca en tódalas oposicións as que teño ido ocorrera iso. Na Xunta para empezar non deixan entrar con móbiles e se te cachan con un votante fora. As instruccións dicían claramente que os móbiles tiñan que estar apagados. Non foi o único móbil que soou durante a realización do exame. Con esto dos politonos: “musiquilla pa mis orejas”
30 minutos despois de empezar uns cantos xa remataramos de respostar o exame e de repasalo. Que facer coa a hora restante? Planificar o próximo paso para a conquista do mundo, pintar uns monigotes, repasar mentalmente a lista dos reis godos,.. En fin, cada un matou o tempo como puido.
O climax da película
Detrás de min copiouse, escoitei susurar un par de respostas. Lembro unha referente ó zócalo dun procesador. Tamén tiven a gran sorte de sentarme cerca do humorista oficial que deleitou ó público máis próximo coas súas graciosas ocorrencias ó estilo Arévalo.
Cando estaba pelexando denodamente contra Morfeo un dos coidadores animounos a velada cunhas desas frases que despois de oilas tes que comprobar os calzoncillos para saber se a diarrea é mental ou real: “Vin a varias persoas copiar, a próxima vez serán expulsados” Por qué non avisan nas bases que podes copiar hasta o primeiro aviso? A próxima vez levo a PDA con tódolos apuntes que teña e copio coma un cabrón hasta o primeiro aviso.
A partir de ai so lembro sombras difusas e unha luz o final dun túnel. Despois espertei, todo fora un sono producto do abuso das gominolas. Nunca estivera na USC, nunca fixera un exame de ATI. Ningún dos acontecemento que relato aconteceu, nin existen as personaxes que menciono. Nin sequera existo eu, … ben eu si que existo, seino polas facturas.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?