Asfixia
Polo escuro outeiro,
pola mariña arrasada,
polo río morto,
pola terra estragada.
O val das tebras estendese,
máis aló do horizonte,
devorando todo o que atopa,
matando a todo opositor.
Loitando sen mans,
perdendo a vida sen aire,
esvaecéronse as esperanzas.
Xa non queda nada!
A quietude da morte venceu,
a vida deu paso a nada,
xa é tempo de renacer
e converterse en po.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

