Aumentando a nosa productividade persoal

Cantas veces nos ocorre que temos que facer unha serie de tarefas ó largo do día ou da semana e vencido o prazo resulta que non cumprimos nin coa metade dos obxectivos. Nalgúns casos nin sequera empezamos co primeiro. Noutras ocasións simplemente esquecémonos do que tiñamos que facer.

Hai centos de aplicacións informáticas que nos permitirán levar un control das nosas tarefas pendentes, pero, despois de probar varias, a verdade é que ningunha me agrada en demasía. O final terminei usando lapis e papel.

O meu método consiste escribir as tarefas a realizar no día seguinte por orde de importancia (isto é moi importante) intercalando outras que deben ser realizadas nun momento concreto. Vexamos un exemplo.

Tomaremos o caso dun opositor que precisa organizar o día …

1. Ler a Constitución.
2. Facer esquema do Título I.
3. Repasar resumo da 30/92.
4. Unha hora de Word.
5. Mirar na Wikipedia entradas sobre informática.
6. Recitar os artigos 15 a 29 da Constitución.
7. Repasar tódolos esquemas da 4/88.

—> 10:30 Chamar a Fulanito.

—> 15:50 Ir a compra.

—> 18:00 Sacar os cans a pasear.

—> 22:30 Chamar a Menganito.

Vexamos, por unha banda temos unha lista numerada de tarefas e por outra temos unha serie de entradas para facer certas cousas.

A lista numerada será a nosa folla de ruta, unha vez establecida seguirémola a raxatabla, xamais pasaremos a seguinte tarefa sen ter antes rematado a que esteamos facendo. Unha vez rematemos unha tarefa tacharémola da nosa lista e continuaremos coa seguinte, así ata rematalas todas. No caso de non dar rematado a nosa lista de tarefas numerada as que nos falten serán as primeiras tarefas a realizar ó día seguinte.

As entradas de tarefas, son certas accións que temos que realizar en momentos determinados. Neste caso pararemos o que estamos a facer para cumprir coa entrada que corresponda e unha vez realizada retomaremos o traballo que estabamos realizando.

Con este sistema tan sinxelo eu conseguín duplicar a miña productividade e gañar tempo que antes perdía pasmando para as moscas pensando en que ía ser o próximo en facer.


Sobre esta entrada