Esta fonte está no barrio da Igrexa, en Bretoña. Durante os anos 80 parábamos case tódolos dÃas nela a beber cando saÃamos da escola e aÃnda non habÃa transporte escolar e, tamén, cando domingo tras domingo Ãamos ao catecismo. Hoxe fica abandoada, sen uso e case seca.
O interese desta fonte pódese ver nas fotos…



Seguindo as instruccións de Oscar
Orixinal
Publicado o
6 February 2007 en
Xeral.
Unha das cousas coas que máis disfrutaba de cativo era subir o monte Carracedo e sentarme a mirar a paisaxe. A paisaxe cambiou bastante nestes últimos anos, menos castaños e máis calitros pero segue ser unha fermosa paisaxe. A parte de unha gran forma de facer exercicio, dende o curuto do monte Carracedo podemos mirar cara o outro lado e ver, por exemplo, Foz. Pero o mellor de todo é o silencio: non escoitar absolutamente nada salvo o ruido do aire.
Technorati Tags: Bretoña
Publicado o
6 February 2007 en
Humor.
Notase, notase, é coma se fora un segundo Nadal pero sen cabalgatas nin tipos gordos vestidos de vermello montados nun trineo. Neste caso os papás Noél levan traxe e garabata e venden a súa mercancÃa o mellor que poden ou saben.
Certo, non están rúas cheas de luceciñas de cores nin árbores de Nadal pero o ambiente é similar: mercantilismo puro. O Carrefour non abre os domingos pero as casas dos candidatos si. É un bon momento para dicir "Qué hay de lo mio!".
O fulano que durante catro anos nin sabÃa quen eras ven agora agarimoso a darche a man, con sorte tamén un caramelos e un chisqueiro "Non, non, se eu non fumo!". Os máis listos ou os menos escrupúlosos, que a estas aturas xa me costa distinguilos aproveitan para sacar unha placiña no concello de turno para a filla que non deu acabado a carreira de dereito; outros van a cantarlle a panxoliña ó candidato "Recalificame, recalificafe, por la madre de Dios y por la Virgen MarÃa…".
Que fermosas son as eleccións, con toda esa luz, esa transparencia, esa sana democrácia. Eses veliños ós que lles arranxan os votos. Vendita democracia, que como dixo alguén "A democracia son dous lobos e un cordeiro decidindo que se vai comer". Vendita democracia!
Neste perÃodo preelectoral, non hai nenos que canten contores pero si candidatos cantantes soltando a súa letanÃa. Que fermosas! Que ben se escoitan na radio! Que ben anda ese coche de luxo polas pistas sen asfaltar dende que Franco era cabo! Xa sabemos porque se vota un pouquino de alcatrán aquà e acolá antes das eleccións: E para que o candidato che poida traer o voto sen escarallar o seu Mercedes de 15 quilos.
Que maravilloso ese ambiente de paz e amor que precede as eleccións!
Publicado o
27 January 2007 en
Xeral.
O meu Macbook, cun mes xusto de uso, está a coller unha bonita cor rosacea polas esquinas. CoñecÃa a existencia de casos de decoloracións nos Macbooks pero a verdade non esperaba que se produciran en tan pouco tempo. Ben é certo que o meu portátil viaxa todolos dÃas pero sempre tiben o maior coidado con el, envolto sempre na bolsa na que viña e trasladado nunha bandoleira que me custou 65 eurazos na tenda de Apple.
Tags: macbook, decoloración, apple
Publicado o
26 January 2007 en
Xeral.
Xa sei que existen milleiros de listados con software supostamente imprescindible para Mac, pero eu tamén vou aportar a miña máis que nada porque hai aplicacións que non aparecen en nungunha lista é son merecedoras dun certo resalte:
 |
Quicksilver: Non son nada imnovador, probablemente a aplicación para Mac imprescindible por excelencia. É unha ferramenta grautita que nos sirve para lanzar aplicacións, textos, música, … |
 |
Qumana: Todo aquel que teña un blog debería descargar esta ferramenta. Xa sei que ecto é a polla en verso pero qumana é gratis e cumple a mesma misión a perfección. |
 |
Vienna: Gran lector rss gratuito. Moi sinxelo de utilizar en sen nada que envexar a outros lectores comerciais. |
 |
Thinkingrock: Ferramente gratuita para crear listas de tarefas con multiples opcións de personalización. |
 |
Xtorrent: Gran programa para descargar torrents con buscador incorporado. Acabou o ter que ir a páxinas cheas de publicidade en busca de torrents. Polo de agora é gratis. |
 |
Deepvacuum: Para descargar webs e podelas ver ofline. |
Tags: software, mac, apple, xtorrent
Technorati Tags: apple, mac, software, xtorrent
Últimos Comentarios