Decoloración no Macbook

O meu Macbook, cun mes xusto de uso, está a coller unha bonita cor rosacea polas esquinas. Coñecía a existencia de casos de decoloracións nos Macbooks pero a verdade non esperaba que se produciran en tan pouco tempo. Ben é certo que o meu portátil viaxa todolos días pero sempre tiben o maior coidado con el, envolto sempre na bolsa na que viña e trasladado nunha bandoleira que me custou 65 eurazos na tenda de Apple. Tags: macbook, decoloración, apple

Ler máis

Software imprescindible para Mac

Software imprescindible para Mac

Xa sei que existen milleiros de listados con software supostamente imprescindible para Mac, pero eu tamén vou aportar a miña máis que nada porque hai aplicacións que non aparecen en nungunha lista é son merecedoras dun certo resalte: Quicksilver: Non son nada imnovador, probablemente a aplicación para Mac imprescindible por excelencia. É unha ferramenta grautita que nos sirve para lanzar aplicacións, textos, música, … Qumana: Todo aquel que teña un blog debería descargar esta ferramenta. Xa sei que ecto é a polla en verso pero qumana é gratis e cumple a mesma misión a perfección. Vienna: Gran lector rss gratuito. Moi sinxelo de utilizar en sen nada que envexar a outros...

Ler máis

Presunción de culpabilidade ou o uso mafioso do poder

Mala é sociedade na que xulgan o corazón e honradez da xente basandose nas apariencias. Mala é a sociedade que asocia probeza aparente con delincuencia segura. Malo é ter que contemplar un abuso de poder que un cría que era exclusivo das películas iankis sobre a américa profunda e non poder facer nada salvo desafogarse con estas liñas. Malas son as crenzas pre-establecidas nesta sociedade sobre os que son diferentes de pel, idioma, vestimenta ou modo de vida. Esas crenzas basadas no medo e no descoñecemento perxudican a tódalas partes e emprobecemnos moral e socialmente. Malo é querer buscar delincuentes entre os pobres. Os pobres non son delincuentes, se foran delicuentes non serían pobres: serían políticos.

Ler máis

Mapa Mental sobre o Poder Xudicial

Mapa Mental sobre o Poder Xudicial

Este é un dos meus primeiros mapas mentales. Ten algún erro pero pode ser utilizado para darnos unha visión moi superficial do Poder Xudicial en España. É útil para a maioría das oposicións, xa que en case todas entra o tema do poder xudicial. Preme aquí ou na imaxe para descargalo arquivo. Tags: Mapas mentais, oposicións Technorati Tags: Mapas mentais,...

Ler máis

Estructura do IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral da Xunta: Mapa Mental

Estructura do IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral da Xunta: Mapa Mental

A partires de agora vou ir poñendo a disposición de quen lle interese tódolos o meus esquemas e mapas mentais e conceptuais que usei para preparar distintas oposicións. Algúns son unha merda, outros non están mal de todo e poden ser útiles a algúnhas persoas. Ofrecense sen nengunha garantía, co único proposito de axudar principalmente as tódolos opositores que se preparan por libre. Comenzo con esquema da estructura do IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral da Xunta. Este é bastante cutre pero foi o primeiro co que me atopei agora. Simplemente é a estructura do IV Convenio Colectivo de Persoal Laboral en colorinchos. En próximos días prometo poñer mapas máis interesantes. A maioría deles están en castelán pola simple...

Ler máis