Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
4 Ago
Bendito alcohol,
que curas as miñas feridas
do corpo e da alma.
Bendito alcohol,
que volves irresistible
a Cuasimodo.
Bendito alcohol,
que me insensibilizas
ante a maldade do mundo.
Bendito alcohol,
que me das valor
para soportar a meu cuñado.
Bendito alcohol,
que me mostras as marabillas da vida
ó sacarme do tedio.
Querido alcohol,
o meu único Deus
no teu templo de vidro.
Amado alcohol,
ti que adoptas mil formas e sabores,
ti que es o vals do meu fígado.
Bendito alcohol,
pacharán, viño e
espirituoso maná.
Santo alcohol,
que tanta felicidade traes
os corazóns atormentados.
Precioso alcohol,
ti que fas a fea fermosa
e a estreita libidinosa.
Bendito alcohol,
sublime invento da humanidade,
elixir da liberdade,
alzo a miña copa por ti.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Algo que comentar?