CaBraChe

cabrache

Non se trata dun novo servidor web, é unha simple configuración exótica do httpd.conf para conseguir un mellor rendemento do Apache no servidor que estiben montado estes días no traballo.

Por que?

Por aprender e porque mentres facía iso non tiña que estar facendo outras cousas que me gustan menos (PHP ou mirando porque hai 3 o 4 PCs que non queren arrincan cada maña -Windows, of course-) .

Para que?

Para configurar un servidor no que instalar a plataforma de e-learning lucuslms.

Que significa CaBraChe?

Cañita Brava Cherver. Si, efectivamente, estamos moi mal :)

Por que lle puñemos CaBraChe?

  1. No traballo hai moito fan de Cañita, incluso algún imitador.
  2. Hostname canitabrava.
  3. Somos uns cachondos.

Agora en serio, haber se cando teña un rato poño -por se a alguén lle interesa- os pasos que din para montar o servidor web (Apache+PHP+MySQL) en FreeBSD 6.3 porque sendo un proceso bastante sinxelo ten algunha pijada que pode dar algún quebradeiro de cabeza.

Tamén teño a idea de facer un tutorial de como instalar o lucuslms porque ten miga o asunto.

Crédito foto: Óscar

2 Responses to “CaBraChe”


Leave a Reply