Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
11 Feb
Supoño que nunca me tería fixado neste libro “Cambio de Vida” se o subtítulo non fora “Como me hice rico”. O caso é que o vin un día nunha coñecida libraría lucense e chamoume a atención. Fun víctima dos libros de autoaxuda e en algunhas ocasións volvo a pecar pese a que creo que a maioría dos libros de autoaxuda só autoaxudan os seus autores.
Un par de días despois volvín a pasar polo escaparate da mesma libraría e deume por entrar e mercalo. O libro costou 12 euros.
O libro “Cambio de Vida, como me hice rico” está escrito por Aitor Zarate ex-xogador de baloncesto cunha traxectoria brillante dentro do mundo da canasta que abandonou os pantalóns cortos para adicarse a especulación.
No libro, Roberto Santa Rita alter ego de Aitor Zarate recibe a un invitado que quere aprender como Santa Rita se converteu en rico. Este vaino guiando a través dunhas tarxetas que conteñen unha serie de preguntas as que o protagonista vai respostando. Hai que comentar que o libro está novelado cousa que anque o principio poda resultar atractivo co paso das páxinas un está desexando que remate tanta parida de diálogo e ir o meollo do tema.
Eu quedei ata os mismisimos de tanto peloteo dialogado que o visitante de Roberto Santa Rita lle fai o fulano en cuestión. Tamén quedei bastante canso de fraseciñas como “si sensei” e “pequeno saltamontes” repetidas en demasía.
Durante a primeira parte do libro os consellos que dá son de caixón: se gastas máis do que gañas: mal, se gañas máis e aumentas o gasto: mal, etc… Nalgunhas partes recordoume bastante o libro “Padre Rico, Padre Pobre” pero máis simplón. Tamén nos fala da multipropiedade e da rentabilidade das inversións inmobiliarias e por suposto dos impostos dende un punto de vista ultraliberal.
O caso é que van pasando as páxinas e un índa non sabe como o cabrito este de Santa Rita se fixo rico ata que uns cantos “si sensei” despois empezamos co tema da bolsa e sobre todo co punto fundamental: os futuros. Parece que o tal Santa Rita se fixo rico a base de especular no mercado de futuros no país do Tío Bush.
Cando menciona que cuns 18.000 euros se poden gañar uns 3.000 ou 4.000 euros o mes, …. guau!…uhmm…un momento…que coño facía eu invertindo en bolsa para gañar catro pesetas? Un é cando pensa que vai explicar como se fai a groso modo (conta algo moi, moi, a groso modo) e dar uns links útiles con información, simuladores,…, pois non, … hai que apuntarse a un dos seus cursos para que explique a cousa en detalle. Agora é cando eu pensei “vale, xa ma clavaron outra vez” .
Cando rematei de leer o libro quedoume o sabor de boca que me podía quedar despois de leer un índice de capítulos dun libro: sabes de que vai o tema pero non tes nin puta idea dos detalles. Por outra parte o señor Santa Rita menciona que detesta a xente presuntuosa cando todo o libro e unha mostra de autopresunción e onanismo masturbatorio. A anécdota de cando entra no Banco a rirse do empregado e do director pola súa ignorancia sobre o tema dos futuros deixa patente a súa actitude. Eu, por exemplo, sei que a maioría de comerciais dos concesionarios de coches non teñen nin idea do producto que venden pero non se me ocorre ir a vacilalos cada dous por tres.
En resumo: Sen estar mal de todo “Cambio de vida” non aporta nada que non aportarán xa libros anteriores con moito máis detalle e con menos presunción. Recomendable para ter unha visión moi superficial sobre a autoxestión económica e as inversións ou como libro introductorio para xente allea o tema.
Technorati Tags: Aitor Zarate, bolsa, especulación, libros
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
2 Respostas para "Cambio de vida de Aitor Zarate"
Sempre quixen saber que contiñan ese tipo de libros, pero nunca me puxen a ler ningún e moito menos mercalo. Gracias polo post, foi divertido lelo e comprobar que un bo xeito de facerse rico é publicar libros de como facerse rico.
Se estás interesado no tema recomendoche a Robert Kiyosaki http://en.wikipedia.org/wiki/Robert_Kiyosaki Podes atopar algún libro no emule
Algo que comentar?