Lugo século XXI

«Aprenderemos a interpretrar nuestros sueños, encaminándolos a nuestro crecimiento personal y como proyección de nosotros mismos, de nuestros problemas, de nuestros deseos y de nuestras alegrías. Asimismo, conoceremos qué materiales nos ofrecen los tres reinos de la Naturaleza para la la elaboración de nuestros hechizos de amor», se explica en la web del área municipal, dirigida por la socialista Carmen Basadre. El Ayuntamiento de Lugo está gobernado por el PSOE, partido que da la impresión de que ha dejado de creer en Dios para creer en todo lo demás, por lo menos en su franquicia gallega. [dende El Ayuntamiento de Lugo paga a una vidente para que dé un curso de elaboración de filtros de amor » magonia » Blogs El Correo Digital] En fin, para que...

Ler máis

Mari Carmen Mella estivo en Ferreiravella

A outrora presentadora do programa Encontros estivo este sábado en Ferreiravella (Riotorto) como speaker e animadora doutro encontro de ferreiros (dous en menos dun mes) que se celebrou para de paso inaugurar a área recreativa. A querida Mari Carmen Mella adicou unhas verbas para glorificar o alcalde de turno mentres o pobre Manolo Escobar agardaba pacientemente a que rematara o mítin. Dende logo Manolo Escobar foi o mellor da noite pero tamén actuaron Marcos Yunas que non teño nin idea de quen é e Son Pasión de Gavilanes que miñas pobres, tiñan os pantalóns rotos,… O certo é que carne houbo cantidá, máis ca nunha peli de Nacho Vidal. Co frio que ali facía! Souben que a speaker era...

Ler máis

O 70% dos pisos construidos en Lugo a partir do 98 están valdeiros

Non é unha inocentada é a cruda realidade dunha cidade que medra en ladrillo a pasos axigantados e onde os prezos están a par con cidades que duplican ou triplican a poboación da cidade amurallada. Technorati Tags: pisos en lugo

Ler máis

WordPress atrae o Spam

Unha das cousas que notei dende que migrei varios blogs de Textpatern e Serendipity a WordPress é a multiplicación do spam nos blogs. Dende viagra, os clásicos timos de casinos xa comentados outras historias varias. Haberá que empezar a tomar medidas de protección xa que senón isto vaise convertir nunha selva. Menos mal que Bill Gates prometeu que el soiño ía rematar co spam para sempre no mundo mundial e en parte do extranxeiro. Qué tanquilidade! Technorati Tags:...

Ler máis

Milenio 3 en Lugo

O Concello de Lugo apuntase a moda de fomentar a superstición e a charlatanería barata pactando coa Cadena SER (PSOE + PSOE; pacto eu comigo mesmo) a realización do programa Milenio 3 de Friker Jiménez (en ocasiones veo muertos: cuando firmo libros veo tontos). Non contentos con isto, instalarán dúas pantallas xigantes para que todo o persoal lle poida ver o careto o tipo que analizou e presentou como certa a historia da eliminación dos arquivos da antiga URSS da información relativa ó cosmonauta ruso Iván Stochnikov desaparecido durante a misión Soyuz 2, deixando no aire que podía ser debido a unha abdución. Que gran "investigador". Vexan, vexan. Joan Fontcuberta inda se debe estar descojonando. Para saber máis deste elemento:...

Ler máis

O gran saludador

Un ten certas costumes, raras, nos tempos que corren, abofé. Por exemplo, dicir «hola», «adeus» ou «bos días» cando me atopo con alguén que coñezo anque non sexa un amigo. O nene, ten certa educación, de algo tiña que servir repetir curso. Esta fermosa costume de saudar a xente, mellor se son mozas e de bo ver, parece que está en franca recesión. Sobre todo con certos elementos. Poñamos por caso que acudimos a certo acto social e por eses imponderables do destino acabamos cerca dun coñecido dos prehistóricos tempos de estudiante de instituto. Nin sequera un amigo, tan só un coñecido dos pasillos e dos lates. Un, que coñece as normas de protocolo, intenta cruzar unha mirada que confirme que se trata do suxeito en cuestión. Non é tampouco cousa...

Ler máis